Nacionalismo irlandés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Irlanda

O nacionalismo irlandés é unha corrente xurdida desde a Idade Media[Cómpre referencia] que avoga pola unión de toda a Irlanda libre do dominio do Reino Unido.

O seu brazo máis extremo é o Exército Republicano Irlandés (Óglaigh na hÉireann "exército de voluntarios" en irlandés; Irish Republican Army en inglés), organización terrorista que desde finais do século XIX fixo ataques en Irlanda do Norte, en Irlanda e en Inglaterra.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

O nacionalismo irlandés preocupouse historicamente da relación de Irlanda con Gran Bretaña. Tamén se referiu á opresión histórica dos católicos, que son identificados como a xente irlandesa nativa, por protestante, que se identifican coa presenza británica en Irlanda.

Porén, a relevancia do tradicional nacionalismo irlandés non modificou o status de Irlanda do Norte, a cal forma parte do Reino Unido, aínda que unha substancial minoría nacionalista (cada vez maior polo aumento dos católicos en Irlanda do Norte) quere estar unida ao resto de Irlanda.