Estelada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A bandeira estelada ou simplemente estelada considérase a bandeira que simboliza a independencia de Cataluña ou dos Países Cataláns (aínda que no País Valenciano tamén hai a estrelada, que evolucionou de xeito paralelo á Senyera coroada valenciana).

A súa orixe data dos inicios do século XX e naceu da fusión dos catro paus tradicionais co triángulo coa estrela do mesmo tipo que tiña a bandeira de Cuba. Puxérase ese modelo xa que Cuba era un estado que se independizara había pouco da España, e era polo tanto un referente.

Estelada azul.
Estelada vermella.

Hai dous tipos principais:

  • A chamada estelada azul (estelada blava), que é a primeira e que se atopou en publicacións do 1918.
  • A chamada estelada vermella (estelada roja). Hai quen ve connotacións na cor vermella da estrela e emparenta o vermello coa defensa dun estado independente comunista.

Non quedou fixada a orientación da estrela e ás veces ten un costado paralelo co lado curto da bandeira e ás veces co lado longo.

Algúns grupos minoritarios intentaron implantar outros tipos de bandeiras estreladas con diferentes cores, mais sempre sen éxito.

Desde a creación desta bandeira creáronse moitas outras bandeiras independentistas que tamén teñen unha estrela, como a Estreleira galega, a occitada, a aragonesa ou a saharaui.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]