Fernando García de Cortázar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando García de Cortázar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xullo de 2022 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Universidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Director de teseMiguel Artola Gallego Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , historiador , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé Ángel García de Cortázar e Ignacio García de Cortázar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 3254652

Fernando García de Cortázar Ruiz de Aguirre, nado en Bilbao o 4 de setembro de 1942[1] e finado en Madrid o 3 de xullo de 2022, foi un historiador español e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Deusto. Foi irmán de José Ángel García de Cortazar, historiador medievalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Ligado á Compañía de Xesús dende 1959, formouse como xesuíta en Orduña e en Villagarcía de Campos para logo facer o maxisterio, etapa de traballo nun centro da orde, en Pamplona. No Santuario de Loiola ordenouse sacerdote en 1971 e, en 1978, tomou os votos definitivos como xesuíta.[2] Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca e Teoloxía en Madrid.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Doutor en Historia Moderna e Contemporánea, e en Teoloxía, e catedrático de Historia na Universidade de Deusto, da que foi profesor e decano na Facultade de Filosofía e Letras entre 1981 e 1982.[3] En 2007 e ata o seu pasamento foi profesor emérito da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade de Deusto.[4] Tamén foi presidente da Fundación Grupo Correo e da Fundación Vocento.[5]

Considerado como un discípulo de Miguel Artola,[4] os eidos de investigación preferente de Fernando García de Cortázar foron a Historia de España, de Euskadi e da Igrexa.[4][6] Destacou como divulgador e algunhas obras, como Breve Historia de España, acadaron un importante éxito de vendas.[7] Tamén participou como coordinador do equipo de historiadores que supervisou a serie documental Memoria de España emitida por TVE en 2004.[8]

Foi patrono de honra da Fundación para a Defensa da Nación Española, consideraba que a diversidade de España facíaa unha "nación multicultural", e criticou que os gobernos de España buscasen o apoio de forzas políticas nacionalistas.[9][10] Tamén descualificou o proceso independentista catalán.[11][12] Dirixiu a Fundación 2 de maio, nación e liberdade, creada pola Comunidade de Madrid para conmemorar o bicentenario da Guerra de Independencia, ata a súa disolución en 2014.[13]

Dende 1986 foi académico correspondente por Biscaia da Real Academia da Historia. Foi galardoado co Premio Nacional de Historia de España 2008 pola obra "Historia de España desde el arte",[1][4] o Premio de novela histórica Afonso X por "Tu rostro con la marea"[1] ou o Premio Bravo de 2020 concedido pola Conferencia Episcopal de España, por citar algúns recoñecementos. Tamén foi condecorado coa Orde do Mérito Constitucional de España e coa Orde das Palmas Académicas de Francia.[14]

Morte[editar | editar a fonte]

Morreu durante a madrugda do 3 de xullo de 2022, cando contaba con 79 anos, tras levar 3 días ingresado na Clínica de la Luz, en Madrid, onde entrou por mor dunha peritonite.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

De entre as súas obras, destacan:

  • 1991, Los pliegues de la tiara: la Iglesia y los Papas del Siglo XX
  • 1994, Breve historia del siglo XX
  • 1995, Diccionario de historia del País Vasco
  • 1995, Álbum de la historia de España
  • 1996, Historia del mundo actual
  • 1998, Biografía de España
  • 2000, Fotobiografía de Franco
  • 2003, España, 1900. De 1898 a 1923
  • 2004, El siglo XX: diez episodios decisivos
  • 2006, Historia de España: de Atapuerca al Estatut
  • 2006, Los perdedores de la historia de España
  • 2007, Historia de España desde el Arte
  • 2008, Breve historia de la cultura en España
  • 2010, Historia de España para dummies
  • 2011, Leer España
  • 2012, Comparece: España
  • 2013, Pequeña historia del mundo
  • 2013, Pequeña historia de los exploradores
  • 2014, Momentos emocionantes de la Historia de España
  • 2017, Breve historia de España
  • 2017, Viaje al corazón de España
  • 2020, Los mitos de la historia de España

Tamén escribiu dúas novelas:

  • 2014, Tu rostro con la marea
  • 2016, Alguien heló tus labios

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cervera, César (3 de xullo de 2022 [actualizado o 5 de xullo de 2022]). "Muere Fernando García de Cortázar, el gran historiador que reconcilió a los españoles con su pasado". abc.es (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. "Fallece Fernando García de Cortázar, SJ, un enamorado de España". Alfa y Omega (en castelán). 2022-07-03. Consultado o 2022-07-03. 
  3. Religión, Redacción (2022-07-03). "Fallece el jesuita y escritor Fernando García de Cortázar, un amante de la Historia de España". COPE (en castelán). Consultado o 2022-07-03. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Redacción/Europa Press (3 de xullo de 2022). "Muere el historiador Fernando García de Cortázar, Premio Nacional de Historia 2008". rtve.es (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  5. España, Biblioteca Nacional de (2009-01-07). "Fernando García de Cortázar". www.bne.es (en castelán). Consultado o 2022-07-03. 
  6. "Sentido y sensibilidad de la obra de Fernando García de Cortázar". El Correo (en castelán). 2022-07-03. Consultado o 2022-07-03. 
  7. "'Breve historia de España', un libro para varias generaciones". La Verdad (en castelán). 2022-07-03. Consultado o 2022-07-03. 
  8. Baragaño, Techu (2004-02-03). "TVE-1 estrena 'Memoria de España', serie divulgativa de producción propia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-07-03. 
  9. "Muere Fernando García de Cortázar, el gran divulgador de la Historia". El Correo (en castelán). 2022-07-03. Consultado o 2022-07-03. 
  10. Press, Europa (2006-04-19). "García de Cortázar: "La ideología socialista muy poco tiene que ver con este compadreo con los nacionalistas"". www.europapress.es. Consultado o 2022-07-03. 
  11. "UC García de Cortázar: 'La consulta para la independencia catalana es una barbaridad porque las naciones no se discuten'". La Vanguardia (en castelán). 2013-07-31. Consultado o 2022-07-03. 
  12. "García de Cortázar: “Todo lo que ofrece el secesionismo catalán es puro embuste”". web.unican.es. Consultado o 2022-07-03. 
  13. "González cerró la Fundación Dos de Mayo en 2014 tras tratar de sacar un proyecto 20 veces más caro de lo normal". ELMUNDO (en castelán). 2017-05-18. Consultado o 2022-07-03. 
  14. "Memories of the Fundación: Fernando García de Cortázar". Fundación Juan March (en castelán). Consultado o 2022-07-03. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]