Países Cataláns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Països Catalans
Países Cataláns
Bandeira dos Países Cataláns
Bandeira
Himno: Els Segadors
 
Catalan Countries (orthographic projection).svg
 
Estados Andorra Andorra
España España
Francia Francia
Italia Italia
Capital proposta Ningunha
Cidade principal Barcelona
Linguas Catalán, castelán e francés
Estatus actual
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

70.520 km²
n/d
n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

13.422.117
190,33 hab./km²
Xentilicio Catalán/-á
Mapa territorial dos Países Cataláns
Mural reivindicativo a Vilassar de Mar.

Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que os habitantes falan catalán, ou hai dereitos e deberes lingüísticos para os seus habitantes nesa lingua.

Inclúen territorios de catro estados lindeiros co Mar Mediterráneo: España, Francia, Italia e Andorra. Teñen unha extensión de 69.823 km², con 12,9 millóns de habitantes (2004).

Política[editar | editar a fonte]

Os Países Cataláns non están recoñecidos coma unha entidade política. De feito, atópanse fragmentados en diversas rexións con distintos graos de autonomía política, pertencentes a España, Francia, Italia e Andorra. Hai unha corrente política a cal propón a independencia dos Países Cataláns e a creación dun Estado catalán (ver Independentismo catalán). Algúns independentistas propoñen o uso do termo Cataluña para facer referencia á totalidade dos Países Cataláns, mais esta proposta non se adoptou dun xeito oficial.

Outras correntes políticas catalanistas usan o termo "Países Cataláns" coma sinónimo de "territorios de fala catalá", sen consideran que teñen que formar unha entidade política independente.

E hai outras correntes políticas que rexeitan directamente o uso do termo Países Cataláns e calquera proposta de unidade política destes territorios, considerándoos unha imposición de Cataluña sobre os outros territorios. Nos casos máis extremos, hai sectores que negan até a unidade da lingua catalá.

Límites[editar | editar a fonte]

O territorio continental limita ao norte con Occitania, ao sur con Murcia, ao leste co mar Mediterráneo, e ao oeste con Aragón e Castela-A Mancha. As Illas Baleares e a cidade do Alguer, situada na illa de Sardeña tamén forman parte dos Países Cataláns.

División política e administrativa[editar | editar a fonte]

Tradicional e administrativamente, os Países Cataláns inclúen os seguintes territorios:

Lingua[editar | editar a fonte]

A lingua propia dos Países Cataláns é o catalán que, informalmente, en moitos lugares ten o nome popular do xentilicio (como rosellonés, tortosí, etc.; só no País Valenciano o xentilicio ten rexoñecemento oficial: valenciano. Exceptúanse as bisbarras occidentais e meridionais do País Valenciano, onde se fala o castelán, e o Val de Arán e a Fenolleda, onde se fala o occitano. A lingua catalá é a única lingua oficial na Andorra, é oficial (de novo, logo dun longo paréntese, dende 1978) na Cataluña, xunto ao castelán; e tamén é oficial conxuntamente co castelán no País Valenciano e nas Illas Baleares. Non o é, en cambio, nos outros territorios.

Hai que ter en conta que para definir aos Países Cataláns non se teñen en conta os procesos de castelanización que se deron dende o século XIX até hoxe. Pola contra, acéptanse coma castelás outras zonas que antes eran de lingua catalá, como é o exemplo de Orihuela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Países Cataláns