Unió Democràtica de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unió Democràtica de Catalunya (UDC)
Partido político de Cataluña
MocidadesUnió de Joves
Historia
Fundación7 de novembro de 1931
Disolución24 de marzo de 2017
Posicións políticas
IdeoloxíaCentro dereita
Nacionalismo catalán
Democracia cristiá
Federalismo europeo
Outros datos
SedeNàpols, 35 - 39, 08018 Barcelona
Na rede
www.unio.cat

Unió Democràtica de Catalunya (UDC) foi un partido político catalán de ideoloxía nacionalista e democristiá que estivo integrado xunto con Convergència Democràtica de Catalunya na federación Convergència i Unió (CiU) ata a súa ruptura no ano 2015. O seu presidente e principal líder é desde 1987 Josep Antoni Duran i Lleida. O secretario xeral é Ramon Espadaler.

Constituíuse o 7 de novembro de 1931 e actuou politicamente durante a Segunda República, tralo fin da guerra civil española UDC pasou á clandestinidade, reorganizándose a partir de 1941 na clandestinidade, formando parte dos organismos da oposición democrática contra o franquismo, logo da restauración da democracia participou nas primeiras eleccións ao Parlamento de Cataluña conseguindo un escano e en 1978 asinou acordos con CDC para formar listas electorais conxuntas como CIU. UDC formou parte dos gobernos da Generalitat desde entón ata que CIU perdeu as eleccións catalás de 2003. UDC conta con 16.000 afiliados [1]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web oficial de UDC (catalán)

Notas[editar | editar a fonte]