Nacionalismo europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O europatriotismo sostén a idea de que Europa forma unha soa nación. Esta idea pódese dirixir cara á Unión Europea e cara aos Estados Unidos de Europa.

O europatriotismo ou nacionalismo europeo é o patriotismo de Europa. Con el está relacionado o pan-nacionalismo europeo.

O europatriotismo non é unha palabra ben definida, e mentres algúns o entenden como o patriotismo para e sobre Europa, os seus ideais comúns, herdanza e nocións similares (temas en discusión), moitos ven o Europatriotismo definido como o patriotismo para e sobre a Unión Europea. Tal patriotismo da Unión Europea non é xeralmente o patriotismo para as institucións da Unión Europea, senón o patriotismo para unha visión dos pobos da Unión que se identifican primeiro coa Unión Europea como un futuro de estado nación (ou un corpo supranacional similar) a diferenza dos pobos onde o patriotismo é o do Estado membro da Unión Europea, do cal eles son cidadáns. Moitos tamén sosteñen unha visión na que a Unión Europea abarcaría todo o continente. Con todo, tamén se sosteñen outras propostas como a creación duns Estados Unidos de Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

O nacionalismo europeo nace coa idea de Víctor Hugo dos Estados Unidos de Europa. Obviar esta idea polos contemporáneos de Víctor Hugo, alcanzou o seu clímax nos anos 20, sobre todo en setembro de 1929, cando o presidente de Francia, Aristide Briand fixo un discurso no que dicía que Europa ha de avanzar cara a un modelo federal.

Con todo, o nacionalismo europeo viuse truncado polo ascenso de Hitler ao poder e a Segunda Guerra Mundial. Tal guerra fixo que Europa deixase de ser o centro do mundo, pasando aos Estados Unidos de América.

Logo da Segunda Guerra Mundial, a idea de Víctor Hugo ha ir crecendo e dando froitos, tales como a creación primeiro da Comunidade Económica Europea, logo da Unión Europea e a implantación da moeda única para toda a Unión e a Constitución Europea.

Cultura e identidade Pan-Europea[editar | editar a fonte]

A idea de pan-europeismo indica que o prefixo aplícase ao longo de toda Europa en contraste cos países que a conforman na actualidade.

Historicamente, a cultura europea non chegou a unha unidade xeopolítica, dado que as culturas nacionais influíron na creación de estados-nación. Na actualidade, a integración europea coexiste coas lealtades nacionais e o patriotismo nacional.[1]

O desenvolvemento dunha identidade europea vese como un obxectivo vital na adquisición de influencia política, económica e militar en todo o mundo dunha Europa unida.[2]Apoia a fundación de valores comúns europeos, como os dereitos humanos fundamentais e a propagación do benestar. Tamén fortalece a democracia supranacional e as institucións sociais da Unión Europea. O concepto de identidade común europea é visto como un subproduto da meta principal do proceso integrador europeo, e se promove activamente. As poboacións do Reino Unido, os Países Baixos e Escandinavia posúen unha alta proporción de euro-escepticismo.

Cultura popular[editar | editar a fonte]

Os exemplos da cultura paneuropea contemporánea limítanse a algunhas formas de cultura popular:

  • O Festival de Eurovisión é un dos elementos máis antigos identificables como "paneuropeos" na cultura popular.[3] Atrae por centos de millóns de persoas e a un gran número de medios de comunicación. O concurso diríxeo a European Broadcasting Union. Tamén está aberta a varios países non europeos que son membros da EBU. Algúns políticos de países do leste tómanse máis en serio o concurso, vendo a participación do seu país no concurso como un signo do seu "pertinencia a Europa", e algúns van tan lonxe que pensan que é unha paso previo para a súa entrada na Unión Europea.[4]

Os intentos deliberados para usar a cultura popular para promover a identificación coa Unión Europea foron controvertidos. En 1997, a Unión Europea distribuíu un cómic titulado "A Guerra do Xeado de Framboesa", dedicado aos nenos das escolas. A oficina da UE en Londres non o distribuíu debido á reacción de indiferenza cara a tales puntos de vista.[5][6]

Simboloxía europea[editar | editar a fonte]

A bandeira da Unión Europea é o símbolo máis característico do euro-patriotismo.

O continente europeo aínda non ten símbolos oficiais, pero si téñenos as organizacións europeas. Algúns deles son:

  • Unha bandeira: a bandeira europea. Formada por un círculo de doce estrelas douradas sobre un fondo azul. Asóciase coa Unión Europea aínda que a adoptou o Consello de Europa en 1955, o cal agrupa a todos os países europeos menos Bielorrusia e o Vaticano. Como tanto a Unión Europea como o Consello de Europa representan a unidade europea, ambas organizacións utilizan a mesma bandeira.
  • Un himno: o Himno Europeo. Está baseado no preludio á "Oda á Alegría", o 4º movemento da Novena Sinfonía de Ludwig van Beethoven. Debido ao número de linguas europeas, utilízase a versión instrumental, tendo status non oficial a versión alemá.
  • Un "día nacional": 9 de maio, Día de Europa. Tal data realizouse a Declaración Schuman, a proposta de unificar o carbón e o aceiro de Francia e Alemaña Occidental. Ademais, coincide co Día da Vitoria, o final da Segunda Guerra Mundial (celebrado o 8 de maio en Europa Occidental) nos estados que pertenceron á Unión Soviética.
  • Un dominio de internet: .eu
  • Unha moeda: o euro.
  • Un exército: EUFOR (aínda que en estado embrionario)

Deporte[editar | editar a fonte]

Case todo o deporte en Europa está organizado sobre unha base nacional ou subnacional. Os "equipos europeos" son raros, un exemplo é a Copa Ryder, un torneo de golf entre Europa e os Estados Unidos. Propúxose crear un Equipo Olímpico Europeo, que rompería coa organización existente a través dos Comités Olímpicos Nacionais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The supranational prospect held out by the EU appears to be threatened.... by a deficiency of European identity, in striking contrast to the continuing vigour of national identities,...." Anne-Marie Thiesse. Inventing national identity. [1]
  2. European identity: construct, fact and fiction Dirk Jacobs and Robert Maier Utrecht University [2]
  3. "Eurovision is something of a cultural rite in Europe."
  4. "We are non longer knocking at Europe’s door," declared the Estonian Prime Minister after his country’s victory in 2001. "We are walking through it singing... The Turks saw their win in 2003 as a harbinger of entry into the EU, and after the Orange Revolution in Ukraine, tonight’s competition is a powerful symbol of Viktor Yushchenko’s prol-European inclinations." Oj, oj, oj! It's Europe in harmony. The Estafes, May 21, 2005. ""This contest is a serious step for Ukraine towards the EU," Deputy Prime Minister Mykola Tomenko said at the official opening of the competition." BBC, Ukrainian hosts' high hopes for Eurovision [3]
  5. [4]
  6. [5]