Referendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Plebiscito")
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

Un referendo é unha votación sobre unha cuestión lexislativa, constitucional ou sobre calquera outra proposta oficial para que o electorado se pronuncie sobre a súa aprobación ou o seu rexeitamento.

Os referendos poden ser obrigatorios (vinculantes) ou non obrigatorios (consultivos). Un referendo consultivo deixa a interpretación do voto á lexislatura (coma o referendo sobre a Constitución Europea en España). A súa obrigatoriedade baséase no custe político que suporía non obedecelo e non nunha obrigación legal. Un referendo obrigatorio é posible só nalgúns países e sobre algúns temas, e un certo tamaño do electorado participante moitas veces é tamén un requisito previo.

Un plebiscito diríxese a tódolos cidadáns, sen ter en conta os seus dereitos. Un plebiscito, no seu sentido máis estrito, é a petición da aprobación dun decreto gobernamental ou a aprobación das políticas xerais do goberno, tipicamente nos estados sen democracia, parlamentarismo ou órganos representativos.

Algúns países con órganos representativos (parlamentos), o uso do referendo vinculante tamén se emprega para casos de extrema importancia para o país. Algúns exemplos son:

  • Irlanda, cando a Constitución do Estado irlandés Libre foi substituída pola Constitución de Irlanda por plebiscito o 1 de xullo de 1937.
  • O referéndum de 1988 en Chile onde se votou pola continuidade na presidencia de Augusto Pinochet.
  • En 2004, o difundido referéndum revogatorio convocado en Venezuela para que os votantes evaluasen o desempeño do Presidente Hugo Chávez, onde resultou gañador.
  • Os diversos referendos de ratificación do Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa en varios países da Unión Europea.
  • 2006, o importante Referendo de ampliación da Canle de Panamá, o cal foi aprobado.