Oriol Junqueras
| Oriol Junqueras | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 11 de abril de 1969 (44 anos) | ||
| Lugar: | Barcelona, Cataluña |
||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | Esquerra Republicana de Catalunya | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Deputado do Parlamento Europeo (desde 2009) Presidente de ERC (desde 2011) Alcalde de Sant Vicenç dels Horts (desde 2011) |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Historiador e político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Oriol Junqueras i Vies, nado en Barcelona o 11 de abril de 1969, é un historiador e político catalán. É alcalde de Sant Vicenç dels Horts e desde o 17 de setembro de 2011 ocupa o cargo de presidente de Esquerra Republicana de Catalunya.
Índice |
Traxectoria [editar]
É licenciado en Historia Moderna e Contemporánea e doutor en Historia do Pensamento Económico pola Universidade Autónoma de Barcelona. A súa tese trouxo por título "Economía e pensamento económico na Cataluña do alta idade moderna" e analizaba o nacemento do pensamento económico moderno no Mediterráneo occidental establecendo os paralelismos oportunos co pensamento inglés e castelán das primeiras décadas do século XVII.
Actualmente é profesor agregado ao departamento de historia moderna e contemporánea da UAB. Colaborou en diferentes medios de comunicación, por exemplo nos programas "En guàrdia" e "El nas de Cleòpatra" de Catalunya Ràdio, nos programas "Minoria absoluta" e "Tu Diràs" de RAC 1 e no programa "El favorit" de TV3.
Traballou como guionista e asesor en series documentais de televisión, como "Els Maquis", "La guerra silenciada" ou "Conviure amb el risc", entre outras.
É promotor da plataforma Sobirania i Progrés. Desde o 16 de abril de 2008, xusto un ano despois de que se estrease na rede o diario dixital directo!cat, colleu a substitución de Joan Camp na dirección deste medio electrónico de información e actualidade.
O 26 de xaneiro de 2009 a executiva de Esquerra Republicana de Catalunya ratificou a súa candidatura como cabeza de lista do partido para as eleccións europeas de 2009, previstas para o 7 de xuño. A pesar de ser rexedor de ERC ao Concello de Sant Vicenç dels Horts integra as listas como independente. Finalmente consegue ser deputado no Parlamento Europeo pola coalición Os Verdes-Alianza Libre Europea.
O 11 de xuño de 2011 converteuse en alcalde de Sant Vicenç dels Horts, logo de recibir os votos da candidatura que lideraba, Junts per Sant Vicenç (vicentins pel canvi+ERC), ICV-EUiA e CiU, deixando o PSC, a lista máis votada ás eleccións municipais do 22 de maio, na oposición. Desde o 17 de setembro de 2011 é o presidente de Esquerra Republicana de Catalunya.
O 9 de outubro de 2012 Junqueras escribiu un artigo en El Periódico no cal afirmaba rotundamente que "O castelán tamén será oficial na República Catalá", declaración que suscitou a polémica entre os militantes e seguidores do partido.
É cabeza de lista de ERC-Catalunya Sí para as eleccións catalás convocadas para o 25 de novembro de 2012.
Obras [editar]
É autor dos seguintes libros:
- Els catalans i Cuba, 1998.
- La batalla de l'Ebre. Història, paisatge, patrimoni, 1999.
- La presó Model de Barcelona, 2000.
- Manel Girona, el banc de barcelona i el canal d'Urgell. Pagesos i burgesos en l'articulació del territori, 2003.
- Guerres dels catalans, 2003.
- Guerra, economia i política a la Catalunya de l'alta edat moderna, 2005.
- Economia i pensament econòmic a la Catalunya de l'alta edat moderna (1520-1630), 2006.
- Camí de Sicília, 2008
- Les proclames de sobirania de Catalunya (1640-1939), 2009
Véxase tamén [editar]
| Predecesor: Amparo Piqueras |
Alcalde de Sant Vicenç dels Horts 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |
| Predecesor: Joan Puigcercós |
Presidente de ERC 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |