Nacionalismo asturiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asturina. Bandeira nacionalista asturiana

O nacionalismo asturiano é unha corrente que se dá no Principado de Asturias, malia non ser un fenómeno tan destacado como nos casos de Galicia, Cataluña ou o País Vasco, o nacionalismo déixase notar na política asturiana, aínda que máis a un nivel de movemento social que de elemento cunha clara representación institucional.

Pese a este menor arraigo do nacionalismo, Asturias ten vivido varias etapas de soberanía política como a declaración de soberanía da Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1808, e o Consello Soberano de Asturias e León de 1937.

Historia[editar | editar a fonte]

O nacionalismo asturiano nace durante a Transición. O Conceyu Nacionalista Astur, fundado en 1976, sería o primeiro partido nacionalista en Asturias. Na década de 1980, con ocasión da promulgación do Estatuto de Autonomía de Asturias, xorden varios partidos nacionalistas de diversas tendencias ideolóxicas como Andecha Astur, Conceyu Independiente d'Asturies, Ensame Nacionalista Astur ou Partíu Asturianista.

Nas eleccións asturianas de 1991, Xuan Xosé Sánchez Vicente, do Partíu Asturianista logrou un escano na Xunta Xeral do Principado de Asturias representado a Coalición Asturiana. Nas eleccións de 1995 o PAS acada un deputado en solitario, repetindo Xuan Xosé Sánchez Vicente. Nas eleccións de 2003, Bloque por Asturies se presentou en coalición con Izquierda Unida, logrando formar parte do goberno xunto á FSA-PSOE.

Oposición ó "covandonguismo"[editar | editar a fonte]

Unha das características do nacionalismo asturiano é a oposición ó uso que o nacionalismo español fai da figura de Don Paio e a Batalla de Covadonga, o chamado "covandonguismo", como Pelayo Rojo indica nun artigo titulado Por un novo nacionalismo asturiano

Diferenciación coa cultura mediterránea e reivindicación da cultura atlántica[editar | editar a fonte]

Asturias, como unha zona de influencias culturais celtas, presenta para os nacionalistas asturiáns diferenzas significativas con outras zonas de España máis influídas por unha cultura mediterránea.

A cuestión do asturleonés[editar | editar a fonte]

O asturiano (tamén chamado bable), carece de oficialidade na comunidade autónoma asturiana, aínda que o Estatuto de Autonomía lle recoñece unha especial protección. Tódolos anos adóitanse facer concentracións e concertos en favor da oficialidade do asturiano.

Durante o franquismo, ó contrario que noutras comunidades como Cataluña ou o País Vasco, onde o idioma catalán e o éuscaro foron reprimidos, o que provocou un despunte do sentimento nacional, en Asturias a lingua local foi ridiculizada o que tivo como consecuencia que a poboación tendese a esquecela e deixar de empregala, ó considerarse socialmente "pouco culto" a quen falase en asturiano. Hoxe estímase que o falan 550.000 persoas en Asturias, onde 100.000 o teñen como primeira lingua e 450.000 como segunda.

O nacionalismo asturiano de corte liberal[editar | editar a fonte]

O nacionalismo asturiano de corte esquerdista[editar | editar a fonte]