Nacionalismo esloveno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Eslovenia.
Pintura romántica do Monte Triglav polo pintor esloveno Markus Pernhart. Triglav é un símbolo nacional de Eslovenia que aparece na bandeira do país.

O nacionalismo esloveno é a ideoloxía nacionalista que defende a nacionalidade dos eslovenos e promove a súa unidade cultural.[1] O nacionalismo esloveno xurdiu por primeira vez en resposta ao fluxo de ideas do nacionalismo da Revolución francesa que chegou a Eslovenia cando as forzas francesas de Napoleón Bonaparte fixeron de Eslovenia parte das Provincias ilirias de 1809 a 1813.[1] Nacionalistas eslovenos, como Anton Korošec, apoiaron a unificación iugoslava durante a primeira guerra mundial como un medio para liberar a Eslovenia do dominio austrohúngaro.[2]

O 8 de maio de 1989, logo da legalización doutros partidos políticos polo goberno reformista dirixido polo Partido Comunista de Eslovenia, novos partidos políticos publicaron a Declaración de maio, esixindo a formación dun estado esloveno soberano, democrático e plural.[3] O 26 de decembro de 1990, celebrouse un referendo sobre a independencia de Iugoslavia cunha maioría de eslovenos apoiando a independencia.[3] Eslovenia declarou a independencia o 25 de xuño de 1991.[3]

Tras a independencia, os membros de grupos minoritarios, na súa maioría doutras nacións antigas iugoslavas, que non solicitaron a residencia na nova nación viron como os seus rexistros foron eliminados, quedando sen status legal dentro do país.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jeffrey Cole. Ethnic Groups of Europe: An Encyclopedia. Santa Barbara, California, USA: ABC-CLIO, Inc., 2011. Pp. 346.
  2. Motyl 2001, p. 276.
  3. 3,0 3,1 3,2 Jeffrey Cole. Ethnic Groups of Europe: An Encyclopedia. Santa Barbara, California, USA: ABC-CLIO, Inc., 2011. Pp. 348.
  4. Lungescu, Oana (13 de abril de 2004). "Slovenia's surge of nationalism". BBC News. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  5. Kuhelj, Alenka (decembro de 2011). "Rise of xenophobic nationalism in Europe: A case of Slovenia". Communist and Post-Communist Studies 44 (4): 271–282. doi:10.1016/j.postcomstud.2011.10.003.