Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra
Logo
AcrónimoENE
Tipopartido político catalán
IdeoloxíaCatalanismo, Socialismo democrático e Ecoloxismo
Data de fundación1985
Data de disolución1987
SedeBarcelona
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra foi un partido nacionalista catalán de esquerdas que se fundou en 1985, nutrido principalmente por Nacionalistes d'Esquerra, elementos renovadores de Esquerra Republicana de Catalunya e independentes. Nas eleccións xerais de 1986 presentouse conxuntamente co PSUC e o PCC na coalición Unió de l'Esquerra Catalana, posteriormente (1987) integrouse en Iniciativa per Catalunya. Desde 1986 algúns sectores do partido acabaron integrándose en ERC, como Josep-Lluís Carod-Rovira. Nas eleccións europeas de 1987 e 1989 presentouse dentro da coalición Esquerda dos Pobos.