Osetia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osetia

Osetia ou Iristán (nome orixinal, xa que oset- ven do xeorxiano, e é así coma os xeorxianos denominan aos alanos ou ironís) é unha rexión do Norte do Cáucaso habitada polos oséticos, que falan osetio. O actual territorio de Osetia atópase dividido entre Osetia do Norte - Alania (Rusia) e Osetia do Sur (Xeorxia). Os oséticos son un pobo diferente do ruso e do xeorxiano.

En 1989, trala caída da Unión Soviética, Osetia do Sur autodeclarouse unida a Osetia do Norte. O goberno de Xeorxia non estivo de acordo e comezou unha guerra civil. Calcúlase que arredor de 100.000 oséticos do sur (a metade da poboación antes da guerra) ten emigrado á parte norte. No conflito, Xeorxia ten recibido o apoio de Estados Unidos mentres que Osetia do Sur recibiu o de Rusia. Actualmente Osetia do Sur é un estado independente de facto.

Artigos relacionados[editar]