República Autónoma do Epiro do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública Autónoma do Epiro do Norte

HimnoImnos is tin Eleftherian Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°N 20°L / 40, 20Coordenadas: 40°N 20°L / 40, 20
CapitalGjirokastër Editar o valor em Wikidata
Escindido deAlbânia independente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación228.000 (1913) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua grega Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de febreiro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Disolución27 de outubro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino de Grecia Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernogoberno provisional Editar o valor em Wikidata

A República Autónoma do Epiro do Norte (en grego: Αὐτόνομος Δημοκρατία τῆς Βορείου Ἠπείρου; Aftónomos Dimokratía tis Voreíou Ipeírou) foi unha entidade política autogobernada de curta duración. Foi fundada a raíz das guerras dos Balcáns o 28 de febreiro de 1914 polos gregos que vivían no sur de Albania.

A área, coñecida como Epiro do Norte (en grego: Βόρειος Ήπειρος) polos gregos e cunha substancial poboación grega, foi conquistada polo exército grego ao Imperio Otomán durante a primeira guerra balcánica (1912–1913). Porén, o Protocolo de Florencia asigou ese territorio ao estado albanés acabado de crear. Esta decisión foi rexeitada polos gregos locais, e cando o exército grego se retirou á nova fronteira, estabeleceuse un goberno autónomo en Argyrokastron (en grego: Αργυρόκαστρον, hoxe Gjirokastër), baixo o liderado de Georgios Christakis-Zografos, un distinguido grego local e exministro de Relacións Exteriores, e co apoio tácito de Grecia.[1]

En maio, as grandes potencias confirmaron a autonomía co Protocolo de Corfú. O acordo aseguraba que a rexión tería a súa propia administración, recoñecía os dereitos da poboación local e prevía o autogoberno baixo a soberanía nominal albanesa. Porén, nunca se implementou porque en agosto o goberno albanés colapsou. O exército grego volveu ocupar a área en outubro de 1914 despois de estoupar a primeira guerra mundial. Planeouse que o Epiro do Norte sería cedido a Grecia despois da guerra, mais a retirada do apoio italiano e a derrota de Grecia na Campaña de Asia Menor deron como resultado a cesión a Albania en novembro de 1921.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boeckh 1996: 114
  2. Miller 1966: 543–44

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]