Nacionalismo libio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Libia.

O nacionalismo libio (en árabe: قومية ليبية) é unha ideoloxía política nacionalista que defende a unidade dos libios e da súa identidade cultural.[1] O nacionalismo libio comezou a xurdir coa creación das ordes relixiosas senussi na década de 1830 que mesturaban o sufismo norteafricano co islam ortodoxo.[1] Despois da colonización de Libia por Italia, os opositores ao dominio colonial italiano de Tripolitania e Cirenaica combinaron forzas en 1922, co líder senussi Omar Mukhtar liderando a revolta contra as forzas italianas en Libia.[1] Libia converteuse nun estado independente despois da segunda guerra mundial.[2]

Libia baixo o mandato de Muamar al-Qadafi inicialmente perseguiu o panarabismo mais despois abandonouno. Gaddafi iniciou unha guerra irredentista co Chad pola franxa de Aouzou.[2] Gadafi foi derrocado en 2011, o que provocou un cambio de símbolos estatais, incluíndo a readoptación da bandeira de Libia anterior a Gadafi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Motyl 2001, pp. 299.
  2. 2,0 2,1 Motyl 2001, pp. 300.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]