Lliga Regionalista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lliga Regionalista foi un partido político catalán que representaba o catalanismo conservador e monárquico. Fundouse en 1901 ao se fusionaren a Unió Regionalista e o Centre Nacional Català para se presentaren ás eleccións a Cortes, nas que tivo éxito. O seu primeiro presidente foi Bartomeu Robert i Ybarzábal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As eleccións de 1903 resultaron un fracaso e a Lliga entra en crise e ao ano seguinte sofre unha escición do sector máis liberal que dará lugar a Centre Nacionalista Republicà. En 1905 fíxose co control do concello de Barcelona e comezou unha política de modernización da cidade. En 1906 foi o partido que liderou a Solidaritat Catalana, que agrupaba a todas as forzas catalás non dinástica, con excepción dos republicanos de Lerroux, e que conseguiu o triunfo nas eleccións de 1907, aínda que as diferenzas entre os diferentes grupos imposibilitaría que se consolidase. En 1914 conseguiu que se formase a Mancomunidade de Cataluña presidida por Enric Prat de la Riba. Dende novembro de 1917 a Lliga participou con varios ministros no goberno español, entre eles Francesc Cambó no ministerio de fomento. En 1922 escíndese o sector máis nacionalista para formar Acció Catalana. Aínda que nun primeiro momento a Lliga apoiou o golpe de Primo de Rivera, posteriormente será ilegalizada ata 1930.

No último goberno de Afonso XIII a Lliga asumiu o ministerio de finanzas. Tras a proclamación da República, a Lliga acepta o novo réxime e apoia o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1931 e cambiou o seu nome a Lliga Catalana. Aínda que a Lliga non apoiou a sublevación do xeneral Franco en Marrocos, unha boa parte dos seus militantes colaboraron coa súa causa.

O seu voceiro era La Veu de Catalunya.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]