Sinn Féin
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Sinn Féin | |
|---|---|
| ' | |
| Líder | Gerry Adams (Presidente) |
| Fundación | 28 de novembro de 1905 |
| Sede | 44 Parnell Square, Dublín 1 (Irlanda) 53 Fall Road, Belfast, Irlanda do Norte BT12 4PD |
| Ideoloxía | Esquerda Republicanismo irlandés Nacionalismo irlandés Socialdemocracia Reunificación de Irlanda |
| Representación | 14 deputados no Dáil Éireann 2 deputados no Seanad Éireann 29 deputados na Asemblea de Irlanda do Norte 1 eurodeputado 127 concelleiros na República de Irlanda 138 concelleiros en Irlanda do Norte |
| Mocidades | Ógra Shinn Féin |
| Publicación oficial | An Phoblacht |
| Páxina web | www.sinnfein.ie |
O Sinn Féin (en galego Nós ou Nós mesmos, traducido erróeamente Nós sos) é un partido político irlandés de ideoloxía republicana, nacionalista e socialdemócrata. Concorre ás eleccións nos dous territorios nos que está dividida a Illa: na República de Irlanda e en Irlanda do Norte (dependente do Reino Unido). Foi fundado o 28 de novembro de 1905 por Arthur Griffith.