República Croata de Herzeg-Bosnia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A República Croata de Herzeg-Bosnia (en croata: Hrvatska Republika Herceg-Bosna) foi un efémero país da minoría croata en Bosnia que existiu entre 1991 e 1994 (Tratado de Washington).

Historia[editar | editar a fonte]

O partido no poder na recentemente independizada República de Croacia (1991), dirixía o partido maioritario entre os croatas de Bosnia, a chamada Unión Demócrata Croata de Bosnia e Hercegovina (HDZBiH, nas súas siglas en croata). O 18 de novembro de 1991, os dirixentes do HDZBiH, Mate Boban e Dario Kordić, proclaman a existencia da República Croata de Herzeg-Bosnia como comunidade croata en Bosnia e "ente político, cultural, económico e territorial" diferenciado.

Co apoio do goberno croata, a nova autoridade croata en Bosnia comezou unha limpeza étnica e unha "croatización" da minoría bosnia no seu territorio (minoría musulmá). O Consello de Defensa Croata (HVO) foi a rama militar croata encargada da construción de campos de concentración e do goberno de varias municipalidades. Coa axuda de Croacia, Herzeg-Bosnia introduce a moeda, croata, programas de estudo croatas e a imposición de estudar croata nas escolas bosnias. Os croatas administran a axuda humanitaria deixando en último lugar a bosnios e serbios (quen á súa vez, no norte do país proclamaran a República Krajina de Serbia e emprenden a limpeza étnica contra a minoría bosnia).

O 28 de agosto de 1993, os croatas de Bosnia son invitados ás conversas de paz de Xenebra nos que se lles ofrece a posibilidade de te-lo seu propio país nunha Bosnia tri-estatal. Os bosnios rexeitan a proposta internacional. O Tribunal Constitucional de Bosnia e Hercegovina en 1992, e por segunda vez o 20 de xaneiro de 1994. Tan só Croacia, durante a guerra de Bosnia recoñeceu ás autoridades de Herzeg-Bosnia.

Os líderes de Herzeg-Bosnia (Jadranko Prlić, Bruno Stojić, Slobodan Praljak, Milivoj Petković, Valentin Ćorić e Berislav Pušić) agardan sentenza do Tribunal Internacional para Crimes na Antiga Iugoslava, acusados de crimes contra a Humanidade, incumprimento da Convención de Xenebra e violación das Leis e Costumes da guerra.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]