Mauricio - Maurice
| Republic of Mauritius República de Mauricio |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mauricio é un país do Océano Índico constituído polas Illas Mascareñas orientais (Illa Mauricio e Rodrigues) e por dous arquipélagos de illotas máis ao norte: as illas Cargados Carallos e as illas Agalega. Os seus veciños máis próximos son a posesión francesa de Reunión, ao oeste, e as Seixeles, ao norte. Capital: Port Louis.
Índice |
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia da illa Mauricio.
Mauricio xa era coñecida por mariñeiros árabes e malaios desde o século X. Os portugueses foron os primeiros europeos que chegaron á illa, en 1505.
Mauricio mantívose deshabitada ata o 1638 cando foi colonizada polos holandeses. Eles nomearon a illa en honor do príncipe Mauricio de Orange-Nasau. Debido a cambios climáticos, os ciclóns e o deterioro do chan fértil, os holandeses abandonaron a illa algunhas décadas despois. Os franceses controlaron a illa durante o século XVIII e nomeárona Île de France (Illa de Francia). A pesar de gañar a famosa guerra de Grand-Port contra os ingleses, os franceses foron derrotados por estes ao norte da illa, en Cap Malheureux, un mes despois. Iso significou a perda da posesión a favor dos británicos en 1810 e a posterior reversión da illa ao seu nome antigo.
En 1965, o Reino Unido separou o Arquipélago Chagos de Mauricio para crear o Territorio Británico do Océano Índico coa finalidade de utilizar esas illas estratéxicas con finalidades defensivas xunto cos Estados Unidos. A pesar de que o goberno de Mauricio estivo de acordo con dita manobra nese momento, os posteriores gobernos reclamaron esas illas sinalando que a separación foi ilegal á luz do dereito internacional.
A independencia foi conseguida en 1968. O país converteuse nunha república dentro da Commonwealth en 1992. Mauricio ten sido unha democracia estable con eleccións libres regulares e con respecto aos dereitos humanos, e atraeu considerables investimentos estranxeiros logrando un dos ingresos per cápita máis altos de África.
Mauricio apunta a ser o conector de negocios do Océano Índico. Búscanse novas oportunidades de negocio nos sectores bancario e tecnolóxico actualmente.
Política [editar]
- Artigo principal: Política da illa Mauricio.
A illa Mauricio é controlada por un presidente que é elixido pola Asemblea Nacional e polo parlamento para un goberno de cinco anos. A Asemblea Nacional está formada por 62 membros elixidos directamente polo voto popular, entre 4 e 8 son designados os membros adicionais, chamados de "mellores perdedores", que son candidatos á elección para representar minorías étnicas. O goberno está formado polo Primeiro Ministro e polo Consello de Ministros.
Distritos e dependencias [editar]
- Artigo principal: Distritos e dependencias da illa Mauricio.
A propia illa Mauricio está dividida en 9 distritos:
- 1.Black River.
- 2.Flacq.
- 3.Grand Port.
- 4.Moka.
- 5.Pamplemouses.
- 6.Plaines Willems.
- 7.Port Louis.
- 8.Rivière du Rempart.
- 9.Savanne.
Outras tres illas son tamén son parte da illa Mauricio:
- Agalega
- Cargados Carallos Shoals
- Rodrigues
Xeografía [editar]
Xunto con Reunión e mais Rodrigues, Mauricio é parte das Illas Mascareñas. Este arquipélago foi formado nunha serie de erupcións volcánicas hai 8 ou 10 millóns de anos, e actualmente non posúe ningún volcán activo. A propia illa Mauricio está formada arredor dun planalto central, co seu cume máis alto no sudoeste, Piton de la Riviere Noire con 828 m. Arredor do planalto, o cráter orixinal pode distinguirse entres as montañas.
O clima local é o tropical, modificado por ventos do sueste; é predominantemente quente, con un inverno seco e verán chuvioso.
A capital da illa e a maior cidade é Port Louis, no noroeste. Outras cidades importantes son Curepipe, Rose Hill, Catre Bornes e Vacoas.
Clima [editar]
Mauricio posúe un clima tropical relativamente temperado ao longo de todo o ano dominado polos ventos do sureste. As temperaturas son moderadas e as precipitacións ocasionais, e danse máis nos meses do verán (novembro a maio), sendo os invernos máis secos (maio a novembro). As diferencias térmicas entre as estacións son mínimas, na meseta central a temperatura varía entre os 20 °C en agosto e os 26 °C en febreiro, mentres que na costa a temperatura soe ser máis alta, o mesmo ocorre co norte e o oeste de Mauricio, que son máis cálidos e secos que a parte sur e leste da illa. Os ciclóns afectan ao país durante os meses de verán (novembro a abril), o ciclón Holanda (1994) e o Dina (2002) foron os dous peores ciclóns que afectaron ao país nos últimos anos.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía da illa Mauricio.
Demografía [editar]
- Artigo principal: Demografía da illa Mauricio.
Cultura [editar]
- Artigo principal: Cultura da illa Mauricio.
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
|---|---|---|---|
Linguas [editar]
O inglés é unha das linguas oficiais e é particularmente falada pola poboación de orixe india. A outra lingua oficial é o francés. A lingua de comunicación habitual é o Marisyen ou crioulo mauriciano, unha lingua crioula construída con base no francés. Moitos dos inmigrantes indios e chineses aínda falan as súas linguas de orixe.
Notas [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||
