Black River

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Black River é a capital da parroquia de Saint Elizabeth, no suroeste de Xamaica. Atópase na foz do río do mesmo nome. De ser un próspero porto, actualmente é un polo turístico, con Treasure Beach e Crane Beach ao sueste e Luana Beach ao oeste. No 2010 tiña unha estimación de 4.276 habitantes. [1]

Algunhas construcións que serviron para almacenar materiais a carón do río, agora úsanse no sector do turismo.

Historia[editar | editar a fonte]

Black River é unha das máis antigas poboacións da illa, mostrado no mapa de John Sellers de 1685. Foi deseñado polo irmáns Leyden de Inglaterra, tres homes ricos que tiñan en propiedade vastos terreos da área.

Nós séculos XVIII e XIX, foi un porto importante polo pau de campeche, aínda que tamén exportaba outros produtos como ron, pemento e pel de gando das veciñas Holland, Vineyard e Fullerswood Estates. O campeche traíase a través do río para o porto, para logo embarcalo cara Inglaterra para fabricar os tintes. Traíanse escravos e puxábanse en Farquharson Wharf (orixinalmente Town Wharf).

En 1773, reemprazou a Lacovia como capital da parroquia de St. Elizabeth.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]