Atol Diego García
| Diego García | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Reino Unido |
| Illa principal | Diego García |
| Linguas | Ingles |
| Poboación (2009) | Non Permanente (Base militar) |
| Superficie | 30 km² |
| Superficie lagoa | 174 km² |
| Nº de illas | 4 |
| Coordenadas | 7°18′48″S 72°24′40″E / 7.31333°S 72.41111°E |
| Maior Altura | 3 m. |
| Localización | |
Diego García é un atol de 44 km² situado no Océano Índico. É parte do Arquipélago Chagos e un territorio británico de ultramar, parte do Territorio Británico no Océano Índico.
En 1966, o goberno británico expulsou forzosamente a toda a poboación nativa (uns 1.800 h) para alugar Diego García a Estados Unidos ata 2016 para que instalasen unha base no Índico. A pesar que o Tribunal Supremo británico sentenciou que a expulsión foi ilegal e que a poboación ten dereito a regresar, os distintos gobernos británicos negáronse a cumprir a sentenza.
[editar] Importancia xeopolítica
Nos ataques estadounidenses contra Afganistán e Iraq, a localización estratéxica da base nesta illa, desde a que se controla Oriente Medio e a metade de Asia e África, foi vital como plataforma para os bombardeiros de longo alcance B-52 e B-2.
O exército de EE.UU. ten unha das cinco estaciones de monitorización do sistema GPS nesta illa (as outras catro están en Colorado Springs, Hawai, Kwajalein e Ascensión).
Diego García serviu para acurralar á Unión Soviética e a China durante a Guerra Fría. Hoxe en día segue sendo indispensable para os intereses da superpotencia en Oriente Medio e en países africanos como Somalia, así como para vixiar as actividades dos novos xogadores globais, China e India, e puntos estratéxicos como o estreito de Ormuz, por onde pasan 17 millóns de barrís de cru ao día.