Pravind Jugnauth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPravind Jugnauth

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Vacoas-Phoenix (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Minister of Defence, Home Affairs and External Communications (en) Traducir
12 de novembro de 2019 –
Minister for Rodrigues, Outer Islands and Territorial Integrity (en) Traducir
12 de novembro de 2019 –
Primeiro ministro de Mauricio
23 de xaneiro de 2017 –
← Anerood Jugnauth Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMauricio Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Aix-Marselha (pt) Traducir
Royal College Curepipe (en) Traducir
University of Provence - Aix-Marseille I (en) Traducir
Aix-en-Proven Université d'Aix--Marseille III (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , Barrister Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovimento Socialista Militante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAnerood Jugnauth Editar o valor em Wikidata

Facebook: PJugnauth Twitter: pkjugnauth Instagram: realpravindjugnauth Editar o valor em Wikidata

Pravind Kumar Jugnauth, nado en Vacoas-Phoenix o 25 de decembro de 1961, é un político mauriciano que exerce como primeiro ministro de Mauricio dende o 23 de xaneiro de 2017.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no lugar de La Caverne no seo dunha familia hinduísta de orixe yadav e de clase alta, fillo de Anerood Jugnauth, avogado e político e de Sarojini Ballah, mestra de escola procedente dunha familia acomodada. Logo de estudar nunha escola primaria local foi a unha das institucións de ensino máis antigas da illa, o Royal College Curepipe e tras rematar a secundaria marchou ao Reino Unido para estudar dereito na Universidade de Buckingham e tras graduarse realizou o mestrado na Universidade de Aix-Marseille.

En 1987 ingresou no Movemento Socialista Militante e foi concelleiro[1] en Vacoas-Phoenix (1996-2000). En setembro de 2000 entrou na Asemblea Nacional e en outubro asumiu o ministerio de Agricultura. O seu partido elixiuno o seu líder en abril de 2003 e en setembro converteuse no novo viceprimeiro ministro e asemade ministro de finanzas, posición que ocupou ata xullo de 2005. En maio de 2010 ocupou de novo o posto de viceprimeiro ministro e ministro de finanzas ata o mes de xullo do ano seguinte.

En setembro de 2014, Jugnauth converteuse en xefe da oposición, substituíndo a Paul Bérenger, e en decembro dese ano, no goberno de seu pai Anerood Jugnauth ocupou o ministerio de tecnoloxía ata xullo de 2015 cando un tribunal emitiu unha condena de prisión por un ano por mor de conflito de intereses acontecido en 2010 mais gañou a apelación diante o Tribunal Supremo o 25 de maio de 2016[2] e o día seguinte tomou posesión como ministro de Finanzas.

Ao dimitir seu pai o 23 de xaneiro de 2017 xurou diante o presidente da República como o novo primeiro ministro[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]