Economía da illa Mauricio
| Economía de Mauricio | ||
|---|---|---|
| Moeda | Rupia mauriciense | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, SADC, COMESA e outras | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 15,36 mil millóns (2008) | |
| PIB (posición) | 134ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | 5,2% (2008) | |
| PIB per cápita | US$ 12 100 (2008) | |
| PIB por sector | agricultura 4,5%, industria 24,9%, comercio e servizos 70,6% (2008) | |
| Inflación anual | 10,1% | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 8% (2006) | |
| Total da forza de traballo | 584 000 | |
| % traballadores por sector | agricultura e pesca 9% %, industria e construción 30 %, transporte e comunicacións 7%, comercio, restaurantes e hoteis 22%, finanzas 6%, outros servizos 25 % (2007) | |
| Desemprego | 7,6% (2008) | |
| Principais industrias | procesamento de alimentos (en gran parte produción de azucre), textis, roupa, minerios, produtos químicos, produtos de metal, equipamento de transporte, máquinas non eléctricas, turismo | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 2,36 mil millóns f.o.b. (2008) | |
| Principais produtos exportados | roupas e téxtiles, azucre, flores, melado | |
| Principais mercados | Reino Unido 35,1%, Francia 14,4%, Estados Unidos 7,7%, Madagascar 6,3%, Italia 5,8% (2007) | |
| Importacións (US$) | 4 503 millóns (2008) | |
| Principais produtos importados | manufacturados, bens de capital, alimentos, derivados de petróleo, produtos químicos | |
| Principais parceiros | India 21,2%, República Popular de China 11,4%, Francia 10,7%, África do Sur 7,4% (2007) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 2,55 mil millóns (2008) | |
| Receitas (US$) | 1 866 millóns | |
| Despesas (US$) | 2 243 millóns (2008) | |
| Axuda económica recibida (US$) | 31,93 millóns[3] (2005) | |
Dende a súa independencia o 1968, a economía de Mauricio - ata entón unha economía de baixa renda baseada na agricultura - tornouse diversificada, co crecemento dos sectores industriais, financeiros e turísticos. O crecemento anual en case todo o período foi de 5 a 6%. Esta realización notábel reflectiuse nunha distribución de renda máis xusta, no aumento da expectativa de vida, na caída da mortalidade infantil e nunha mellora da infraestrutura do país[1].
A plantación de cana de azucre ocupa 90% das terras cultivadas e corresponde a 25% do total de exportacións. A estratexia de desenvolvemento do goberno centrase em expandir institucións financeiras locais na construción dun sistema de telecomunicacións interno. Actualmente o país é sede dunhas 32 mil empresas, a maioría con negocios coa África do Sur, India e República Popular China[1].
Grazas á implantación dunha zona franca, Mauricio converteuse nun local de importación, beneficiamento e reexportación de produtos. O turismo é outra actividade económica destacada.