Port Louis, Port Louis
| Port Louis, Port Louis | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Mauricio |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | Port Louis |
| Xeografía | |
| Altitude: | 134 msnm |
| Superficie: | 42´7 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 147.688 hab. (2003) |
| Densidade de poboación: | hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | Municipal Council of Port Louis |
Port Louis é a capital e maior cidade de Mauricio. Situada no distrito homónimo, a cidade é o principal porto da illa, tiña unha poboación de 147.688 habitantes en 2003.
Historia [editar]
Port Louis foi fundada en 1735 por colonos franceses, aínda que actualmente é unha cidade habitada por descendentes de inmigrantes indios, chineses, africanos e europeos.
Os holandeses tomaron posesión da Illa Mauricio en 1638. Durante os primeiros anos da súa chegada, ocuparon dous puntos da illa, a baía do Gran Porto coñecida naquela época como Warwyck Haven e Port Louis, que foi chamado Noord-Wester Haven (Porto Noroeste en neerlandés). O lugar cambiou de nome en varias ocasións, dependendo de quen ocupase a illa.
Ao principio da colonización francesa, o lugar foi chamado Port Louis. A orixe do nome non é claro. Algúns investigadores afirman que se nomeou así en honra ao rei Luís XV (Louis XV). Outros supoñen que o sitio foi nomeado así en recordo de Port Louis en Bretaña. En 1729, Nicolás Maupin convértese no primeiro administrador da illa enteira. Baixo a súa administración, Port Louis converteuse en capital administrativa e principal porto, en detrimento de Port Bourbon (Gran Porto). A Compañía francesa das Indias Orientais envía en 1732 ao enxeñeiro Cossigny para axudar na construción de fortificacións e do porto da cidade.
Os grandes traballos de construción foron levados a cabo baixo o mando de Bertrand François Mahé de Labourdonnais. Este chegou á illa en 1735 e en menos de dez anos, Port Louis foi dotado de construcións de defensa, así como hospitais, celeiros, etc. A capital tomou forma grazas ao traballo dos escravos africanos e algúns artesáns chegados desde a cidade india de Madrás.
De 1767 a 1790, a illa pasa á tutela real. Os últimos anos da administración da compañía das Indias Orientais estiveron marcados pola falta de atención das autoridades e da coroa.
De 1772 a 1781, o porto foi agrandado, o que permitiu converterse a Port Louis nunha base estratéxica para as operacións francesas na India e durante a guerra de independencia dos Estados Unidos de Norteamérica. En 1804, a cidade tomou o nome de Port Napoleón, en honra ao emperador recentemente coroado.
Economía [editar]
A maior parte dos ingresos da cidade proveñen da actividade portuaria, que manexa a maior parte do comercio mauriciano. O porto transformouse nun porto dinámico, en 2005 foron calculados uns 300.000 movementos polas autoridades portuarias..
A industria da cidade está dominada polos téxtiles, aínda que os produtos químicos como o plástico e os produtos farmacéuticos son tamén de gran importancia.
O turismo é outra das actividades que máis ingresos deixa á cidade, o número de turistas aumentou considerablemente nos últimos anos, o que permitiu unha diversificación da industria local.
Poboación [editar]
A poboación da cidade componse basicamente dos descendentes dos traballadores empregados pola Compañía francesa das Indias Orientais no século XIX. Os escravos xa foran introducidos un século antes polos británicos e franceses que trataron de conquistar a illa.
En 1835 cando a escravitude foi abolida, chegaron centos de traballadores chineses e indios, aos que se empregaba en traballos agrícolas, como a recolección de cana de azucre para a fabricación do ron.
Actualmente a poboación componse nun 50% de indios, a maioría seguidores da fe hindú, unha gran porcentaxe de africanos e unha minoría de chineses e indoeuropeos.