Festival de Eurovisión 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Only teardrops" de Emmelie de Forest, representando a Dinamarca, gañou o Festival cun total de 281 puntos.
O Malmö Arena, sede do festival.

O LVIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse os días 14, 16 e 18 de maio de 2013 na cidade de Malmö, Suecia, tras a vitoria deste país na edición de 2012 coa canción "Euphoria", interpretada por Loreen.[1] O festival tivo lugar no Malmö Arena. Por primeira vez desde 1995, o festival estivo conducido por unha única presentadora, Petra Mede.[2] Mede contou co apoio do cantante Eric Saade como entrevistador nas conexións coa chamada «Green room» ('Salón verde'), o lugar onde os artistas participantes seguen o desenvolvemento do festival logo de actuar.[2]

39 países participarán no evento como representantes das cadeas televisivas nacionais pertencentes á Unión Europea de Radiodifusión. Bosnia e Herzegovina, Eslovaquia, Portugal e Turquía anunciaron a súa retirada desta edición. Por outra parte, Armenia regresou ao concurso tras un paréntese en 2012.[3] O slogan desta edición foi "We Are One" (Somos un) e está acompañado por un grafismo identificativo, unha bolboreta, que é o seu logotipo.[4]

A gañadora do concurso foi Emmelie de Forest, quen representou a Dinamarca co tema "Only teardrops". A canción danesa, que xa ganara a primeira semifinal, obtivo 281 puntos, superando á gañadora da segunda semifinal, a canción de Acerbaixán interpretada por Farid Mammadov, que obtivo 234 puntos. No terceiro lugar quedou Zlata Ognevich, a representante de Ucraína, con 214 puntos. Países Baixos pasou por primeira vez a unha semifinal desde 2004, rompendo o récord de anos sen participar nunha final, e ademais obtivo o seu mellor resultado desde 1999 (9º lugar). San Mariño obtivo o seu mellor resultado histórico, aínda que se quedou ás portas de lograr a súa primeira clasificación a unha final. Tamén, foi a primeira edición que non contou cun representante da antiga Iugoslavia na final desde a súa disgregación.

Festival[editar | editar a fonte]

Semifinais[editar | editar a fonte]

Semifinal 1[editar | editar a fonte]

Moldavia pasou á seguinte rolda co tema de Aliona Moon, "O mie".
A famosa cantante Anouk logrou clasificar aos Países Baixos por primeira vez en 9 anos para a final.

A primeira semifinal do Festival da Canción de Eurovisión 2013, celebrouse o martes 14 de maio (21:00 horas CET). 16 países participaron neste evento en busca dun dos 10 boletos á final. Un total de 19 países tiveron dereito a voto nesta semifinal: os 16 participantes máis Reino Unido, Suecia e Italia.

País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
1 Austria Austria Natália Kelly Shine 14 27
2 Estonia Estonia Birgit Õigemeel Et uus saaks alguse 10 52
3 Flag of Slovenia.svg Eslovenia Hannah Straight into love 16 8
4 Croacia Croacia Klapa s Mora Mižerja 13 38
5 Dinamarca Dinamarca Emmelie de Forest Only teardrops 1 167
6 Flag of Russia.svg Rusia Dina Garipova What if 2 156
7 Ucraína Ucraína Zlata Ognevich Gravity 3 140
8 Flag of the Netherlands.svg Países Baixos Anouk Birds 6 75
9 Flag of Montenegro.svg Montenegro Who See Igranka 12 41
10 Flag of Lithuania.svg Lituania Andrius Pojavis Something 9 53
11 Bielorrusia Bielorrusia Aliona Lanskaia Solayoh 7 64
12 Flag of Moldova.svg Moldavia Aliona Moon O mie 4 95
13 Flag of Ireland.svg Irlanda Ryan Dolan Only love survives 8 54
14 Chipre Chipre Despina Olympiou An me thimase 15 11
15 Bélxica Bélxica Roberto Bellarosa Love kills 5 75
16 Flag of Serbia.svg Serbia Moje 3 Ljubav je svuda 11 46

Semifinal 2[editar | editar a fonte]

Aínda que era considerada unha das favoritas[5], San Mariño non logrou pasar á gran final.
Farid Mammadov xunto a unha parella de bailaríns durante o seu ensaio xeral.

A segunda semifinal de Eurovisión 2013 realizouse o xoves 16 de maio coa participación de 17 países. Tiveron dereito a voto 20 países: os participantes desta semifinal máis Alemaña, Francia e España.

País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
1 Flag of Latvia.svg Letonia PeR Here we go 17 13
2 Flag of San Marino.svg San Mariño Valentina Monetta Crisalide (Vola) 11 47
3 Flag of Macedonia.svg República de Macedonia Esma & Lozano Pred da se razdeni 16 28
4 Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán Farid Mammadov Hold me 1 139
5 Finlandia Finlandia Krista Siegfrids Marry me 9 64
6 Flag of Malta.svg Malta Gianluca Bezzina Tomorrow 4 118
7 Bulgaria Bulgaria Elitsa Todorova & Stoyan Yankulov Samo shampioni (Only champions) 12 45
8 Islandia Islandia Eythor Ingi Ég á líf 6 72
9 Grecia Grecia Koza Mostra & Agathonas Iakovidis Alcohol is free 2 121
10 Flag of Israel.svg Israel Moran Mazor Rak bishvilo 14 40
11 Flag of Armenia.svg Armenia Dorians Lonely planet 7 69
12 Hungría Hungría ByeAlex Kedvesem (Zoohacker Remix) 8 66
13 Flag of Norway.svg Noruega Margaret Berger I feed you my love 3 120
14 Albania Albania Adrian Lulgjuraj & Bledar Sejko Identitet 15 31
15 Flag of Georgia.svg Xeorxia Sopho Gelovani & Nodiko Tatishvili Waterfall 10 63
16 Suíza Suíza Takasa You and me 13 41
17 Flag of Romania.svg Romanía Cezar It's my life 5 83

Final[editar | editar a fonte]

A internacionalmente coñecida Bonnie Tyler, representante do Reino Unido, non pasou da 19ª posición na final.

A final celebrouse o 18 de maio no Malmö Arena e estivo composta polos seis clasificados directos, o anfitrión Suecia e o "Big 5" (Francia, Reino Unido, Alemaña, España e Italia), máis os clasificados da primeira semifinal do 14 de maio e a segunda semifinal do 16 de maio. A orde de actuación da final decidírona os produtores pero logo de coñecerse aos clasificados, os mesmos que foron novamente repartidos ao azar na primeira ou segunda metade, tal como ocorreu nas semifinais. Suecia, país anfitrión, actuou na décimo sexta posición segundo determinou un sorteo realizado anteriormente o día 18 de marzo na reunión de delegacións. Os membros do Big 5, coñeceron tamén a través do azar a metade na que actuarían na gala final, este último sorteo realizouse durante a primeira roda de prensa posterior aos ensaios individuais do mércores 15 de maio.

País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
1 Francia Francia Amandine Bourgeois L'enfer et moi 23 14
2 Flag of Lithuania.svg Lituania Andrius Pojavis Something 22 17
3 Flag of Moldova.svg Moldavia Aliona Moon O mie 11 71
4 Finlandia Finlandia Krista Siegfrids Marry me 24 13
5 España España El Sueño de Morfeo Contigo hasta el final (With you until the end) 25 8
6 Bélxica Bélxica Roberto Bellarosa Love kills 12 71
7 Estonia Estonia Birgit Õigemeel Et uus saaks alguse 20 19
8 Bielorrusia Bielorrusia Aliona Lanskaia Solayoh 16 48
9 Flag of Malta.svg Malta Gianluca Bezzina Tomorrow 8 120
10 Flag of Russia.svg Rusia Dina Garipova What if 5 174
11 Alemaña Alemaña Cascada Glorious 21 18
12 Flag of Armenia.svg Armenia Dorians Lonely planet 18 41
13 Flag of the Netherlands.svg Países Baixos Anouk Birds 9 114
14 Flag of Romania.svg Romanía Cezar It's my life 13 65
15 Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido Bonnie Tyler Believe in me 19 23
16 Flag of Sweden.svg Suecia Robin Stjernberg You 14 62
17 Hungría Hungría ByeAlex Kedvesem (Zoohacker Remix) 10 84
18 Dinamarca Dinamarca Emmelie de Forest Only teardrops 1 281
19 Islandia Islandia Eythor Ingi Ég á líf 17 47
20 Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán Farid Mammadov Hold me 2 234
21 Grecia Grecia Koza Mostra & Agathonas Iakovidis Alcohol is free 6 152
22 Ucraína Ucraína Zlata Ognevich Gravity 3 214
23 Italia Italia Marco Mengoni L'essenziale 7 126
24 Flag of Norway.svg Noruega Margaret Berger I feed you my love 4 191
25 Flag of Georgia.svg Xeorxia Sopho Gelovani & Nodiko Tatishvili Waterfall 15 50
26 Flag of Ireland.svg Irlanda Ryan Dolan Only love survives 26 5
Predecesor:
Flag of Azerbaijan.svg Bakú 2012
EuroSuecia.svg
Festival de Eurovisión

2013
Sucesor:
Dinamarca Copenhaguen 2014

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival de Eurovisión 2013