Moje 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Moje 3
OrixeBelgrado, Serbia Serbia
Período2013
Xénero(s)Pop, Pop-Rock, Balada.
Selo(s) discográfico(s)Prva Records, PGP-RTS
MembrosNevena Božović, Sara Jovanović, Mirna Radulović.
Na rede
Spotify: 5ZtTCcMtG1O4oUTY3N3Nr0 Last fm: Moje+3 Musicbrainz: 9009d618-0223-41b0-9401-1fd92c52af8f Discogs: 3267869 Allmusic: mn0003109463 Editar o valor em Wikidata

Moje 3 (Serbio cirílico: Moje 3; galego: Miñas 3) foi unha girl band serbia formado por Nevena Božović, Sara Jovanović e Mirna Radulović. Son coñecidas por representar a Serbia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 en Malmö coa canción "Ljubav je svuda".[1] O grupo cantou na primeira semifinal e non logrou clasificarse para a final da competición quedando no posto 11.

Historia da banda[editar | editar a fonte]

2012-13: Prvi glas Srbije[editar | editar a fonte]

Nevena Božović, Sara Jovanović e Mirna Radulović atopábanse nos escenarios da segunda temporada de Prvi glas Srbije (Galego: A Voz de Serbia), un espectáculo de talentos musicais serbios similar a La voz de España, e as tres foron collidas pola xuíz Aleksandra Radović para o seu grupo. As tres chegaron á gran final, que foi celebrada o 20 de xaneiro de 2013, gañando Mirna Radulović e quedando segunda e terceira, Nevena Božović e Sara Jovanović respectivamente.[2]

2013: Festival da Canción de Eurovisión 2013 e disolución do grupo[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2013, anunciábase que as tres participarían en Beosong 2013, a elección nacional serbia para o Festival da Canción de Eurovisión 2013, baixo o nome de Moje 3. A súa canción, "Ljubav je svuda" (Galego: O amor está en todas partes), era composto e producido por Saša Milošević Mare, con letra de Marina Tucaković.[3] Saša Milošević Mare era un dos tres xuíces en Prvi glas Srbije. O 2 de marzo de 2013, Moje 3 competía na semifinal da selección nacional, satisfactoriamente asegurando un de cinco sitios para a final da competición. O 3 de marzo de 2013, Moje 3 gañaba o Beosong 2013 e o dereito de representar a Serbia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia.

Antes do Festival da Canción de Eurovisión, Moje 3 publicou versións promocionais da súa canción con músicas diferentes e en inglés. Serbia foi asignada a actuar na primeira semifinal da competición de 2013 o 14 de maio de 2013, pechando o espectáculo tras actuar no posto 16.[4] A canción non logrou clasificarse para a final, terminando na posición 11 con 46 puntos.[5][6] Moje 3 posteriormente gañaba o Premio Barbara Dex, un premio humorístico dado ao artista peor vestido cada ano no festival.[7]

Antes da súa colaboración, elas xa explicaban que non estaban a formar unha banda se non que soamente actuarían como trío para o Beosong. En maio de 2013, Moje 3 anunciaba a súa disolución, que as tres continuarían traballando na súa carreira solitaria.[8]

Outros traballos[editar | editar a fonte]

  • O 31 de xaneiro de 2013, participaban nun concerto de caridade para recoller fondos para o Orfanato Drinka Pavlovi en Belgrado.[9]

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • Ljubav je svuda
  • Ljubav je svuda (Pop Rock)
  • Love is all around (Versión de Ljubav je svuda en inglés)
  • Love is all around (Pop Rock)
  • Love is all around (Balada)

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2013 - Premio Barbara Dex

Notas[editar | editar a fonte]