Petra Mede
Petra Mede na Gala dos Guldbagge 2013 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1970 (54 anos) Estocolmo, Suecia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sueca |
Educación | Universidade de Estocolmo |
Actividade | |
Ocupación | Presentadora de televisión e comediante |
Período de actividade | 2005 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Participou en | |
maio de 2024 | Festival Eurovisão da Canção 2024 (pt) |
2016 | Melodifestivalen 2016 (pt) |
2016 | Festival de Eurovisión 2016 |
2013 | Festival de Eurovisión 2013 |
Familia | |
Cónxuxe | Mattias Günther |
Cronoloxía | |
18 de xaneiro de 2016 | 51st Guldbagge Awards (en) Causado por: presentador |
26 de xaneiro de 2015 | 50th Guldbagge Awards (en) Causado por: presentador |
23 de xaneiro de 2012 | 47th Guldbagge Awards (en) Causado por: presentador |
2011 | 46th Guldbagge Awards (en) Causado por: presentador |
7 de febreiro de 2009-14 de marzo de 2009 | Melodifestivalen 2009 (en) Causado por: presentador |
1964 | Guldbagge (pt) |
Eurovision Song Contest's Greatest Hits Causado por: presentador | |
Premios
| |
Páxina web | petramede.se |
Petra Maria Mede, nada o 7 de marzo de 1970 en Estocolmo (Suecia), é unha humorista e presentadora de televisión sueca.[1] Mede é coñecida polos seus papeis en programas de humor como Morgonsoffan e Parlamentet. Tamén fixo monólogos humorísticos no programa Stockholm Live. En 2009 presentou o Melodifestivalen 2009, onde foi elixida a representación de Suecia para o Festival da Canción de Eurovisión 2009. En 2009 foi votada como mellor humorista feminina de Suecia. En 2013, foi elixida pola SVT para presentar o Festival da Canción de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö.[2] En 2015 foi elixida pola UER e a BBC para presentar xunto con Graham Norton a gala especial Eurovision Song Contest's Greatest Hits, que conmemorou o 60º aniversario do Festival de Eurovisión. En 2016 volveu ser elixida pola SVT para presentar o Festival da Canción de Eurovisión 2016 desde Estocolmo, nesta ocasión xunto a Måns Zelmerlöw. Mede tamén presentou a cerimonia dos Premios Guldbagge, os premios do cine sueco, en varias ocasións.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Petra Mede naceu en Estocolmo mais creceu na localidade de Partille, preto de Gotemburgo. Fala sueco, inglés, español e francés con fluidez. Ten unha filla co seu compañeiro sentimental Mattias Günther, nacida en 2012.
Traxectoria en televisión[editar | editar a fonte]
- Stockholm Live (2007)
- Extra! Extra! (2007-2008)
- Parlamentet (2007-2009)
- Dubbat (2008)
- Hjälp! (2008-2009)
- Morgonsoffan (2008)
- Det sociala spelet (2008)
- Musikmaskinen (2008)
- Sverige pussas och kramas (2008)
- Melodifestivalen 2009 (2009)
- Snillen snackar (2009)
- Roast på Berns (2009)
- Cirkus Möller (2009-2010)
- Babben & Co (2009)
- Sjön suger (2009)
- Petra Mede Show (2010)
- Välkommen åter (2010)
- Gala dos premios Guldbagge 2011 (2011)
- Maestro (2011 e 2013)
- Gala dos premios Guldbagge 2012 (2012)
- Högklackat (2012)
- Festival da Canción de Eurovisión 2013 (2013)
- Jülvard (2013)
- Gala dos premios Kristallen 2014 (2014)
- Gala dos premios Guldbagge 2015 (2015)
- En clown till kaffet (2015)
- Eurovision Song Contest's Greatest Hits, con Graham Norton (2015)
- Melodifestivalen 2016 (1ª semifinal), con Gina Dirawi (2016)
- Festival da Canción de Eurovisión 2016, con Måns Zelmerlöw (2016)
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Medicinen (2014)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Hon blir ny programledare | Melodifestivalen | Nöjesbladet | Aftonbladet". Aftonbladet.se. 18 de decembro de 2008. Consultado o 28-01-13.
- ↑ Eurovision.tv, ed. (28-01-13). "Petra Mede to host Eurovision 2013" (en inglés).