Festival de Eurovisión 1959

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival da Canción de Eurovisión 1959
Cannes Palais des Festivals et des Congrès.jpg
Cannes foi a sede do Festival de 1958
Localización Palacio de Festivais e Congresos
Cannes, Flag of France.svg Francia
TV anfitrioa TF1 logo.svg
Data 11 de marzo de 1959
Edición IV
Presentadores Jacqueline Joubert
Gañador Een beetje, Teddy Scholten
Países Baixos Países Baixos
Participantes 11
Debutantes Mónaco Mónaco
Retornos Reino Unido Reino Unido
Retirados Luxemburgo Luxemburgo
Actos artísticos Orquestra de Franck Pourcel

O IV Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 11 de marzo de 1959 en Cannes, Francia. A presentadora foi Jacqueline Joubert, sendo o país ganador os Países Baixos co tema Een beetje, interpretado por Teddy Scholten, que conseguiu 21 puntos. En segunda posición quedaron os británicos Pearl Carr e Teddy Johnson, coa canción Sing Little Birdie, que obtivo 16 puntos. O terceiro posto, con 15 puntos, foi para a canción francesa Oui oui oui oui, cantada por Jean Philippe. Estas tres cancións foron interpretadas ao final do festival,[1]que durou 73 minutos. A letra da canción ganadora foi escrita por Willy van Hemert, quen tamén escribiu a letra a canción neerlandesa ganadora de 1957.

Este festival supuxo a primeira retirada de Luxemburgo, tras acabar cun punto o ano anterior, así como o debut de Mónaco e o regreso do Reino Unido trala súa retirada en 1958, polo que a UER cambiou as normas do concurso para admitir 11 participantes. O representante monegasco, Jacques Pills, finalizou último cun punto, pero a súa filla Jacqueline Boyer gañou o festival o ano seguinte por Francia.

Na prensa, suxeriuse que Italia e Francia outorgaron máis puntos á canción holandesa porque ningún deles quería que o outro obtivese a vitoria final.[1]Instaurouse unha nova regra pola que non se permitía a inclusión de editores ou compositores profesionais en activo nos xurados nacionais,[2]pero o sistema de votación foi o mesmo que en 1957 e 1958. O escenario consistiu en tres pequenas carpas xiratorias, desde as que saían os cantantes, quen cantaban con fotografías de paisaxes típicas do país de fondo.

Participantes[editar | editar a fonte]

Os países participantes no festival elixiron cancións por diferentes métodos, habendo eleccións internas e finais nacionais. A representante de Dinamarca, Birthe Wilke, xa fora elixida para representar ao país en 1957 con Gustav Winckler, e este ano volvía en solitario. Por outra banda, Domenico Modugno representaba a Italia por segundo ano consecutivo.

Na seguinte táboa móstranse todos os participantes e o modo no que foron elixidos:

País e TV Título orixinal da canción[3] Artista Proceso e data de selección[4]
Tradución ao galego Linguas de interpretación
Alemaña Alemaña
ARD
Heute Abend wollen wir tanzen gehen Alice e Ellen Kessler Elección interna
Esta noite queremos ir a bailar Alemán
Austria Austria
ORF
Der K und K Kalypso aus Wien Ferry Graf Elección interna
O Calypso Real e Imperial de Viena Alemán
Bélxica Bélxica
NIR
Hou toch van mij Bob Benny Final nacional, 15-02-59
Ámame, por favor Neerlandés
Alemaña Alemaña
DSR
Uh - jeg ville ønske jeg var dig Birthe Wilke Dansk Melodi Grand Prix, 12-02-59
Oh, desexaría ser ti Dinamarqués
Flag of France.svg Francia
RTF
Oui oui oui oui Jean Philippe
Si si si si Francesa
Italia Italia
RAI
Piove Domenico Modugno Festival da Canción de Sanremo, 31-01-59
Chove Italiano
Mónaco Mónaco
TMC
Mon ami Pierrot Jacques Pills Elección interna
Meu amigo Pierrot Francés
Países Baixos Países Baixos
NTS
Een beetje Teddy Scholten Final nacional, 17-02-59
Un pouquiño Neerlandés
Reino Unido Reino Unido
BBC
Sing, Little Birdie Pearl Carr y Teddy Johnson A Song for Europe, 07-02-59
Canta, paxariño Inglés
Suecia Suecia
SR
Augustin Brita Borg Stora schlagertävlingen, 29-01-59
Augustin Sueco
Suíza Suíza
SSR SRG
Irgendwoher Christa Williams Final nacional, 22-02-59
Desde algún sitio Alemán

Non todos os países que organizaron unha final nacional enviaron ao festival aos cantantes ganadores da mesma. En Suecia, Siw Malmkvist gañou a primeira edición do Melodifestivalen, chamado entón Stora schlagertävlingen, pero a televisión sueca decidiu enviar a Cannes a Brita Borg coa canción coa que Siw Malmkvist gañou a final nacional.[5]

Por outro lado, na final dos Países Baixos cada tema foi cantado por dous cantantes diferentes. A canción ganadora foi cantada por Teddy Scholten e John de Mol, sendo elixida a primeira para representar ao país.[6]

Resultados[editar | editar a fonte]

# País Artista(s) Canción Posición Puntos
1 Flag of France.svg Francia Jean Philippe Oui, Oui, Oui, Oui 3 15
2 Dinamarca Dinamarca Birthe Wilke Uh-Jeg Ville Ønske Jeg Var Dig 5 12
3 Italia Italia Domenico Modugno Piove 6 9
4 Mónaco Mónaco Jacques Pills Mon Ami Pierrot 11 1
5 Países Baixos Países Baixos Teddy Scholten Een beetje 1 21
6 Alemaña Alemaña Gemelas Kessler Heute Abend wollen wir tanzen geh'n 8 5
7 Suecia Suecia Brita Borg Augustin 9 4
8 Suíza Suíza Christa Williams Irgendwoher 4 14
9 Austria Austria Ferry Graf Der K und K Kalypso aus Wien 10 4
10 Reino Unido Reino Unido Pearl Carr & Teddy Johnson Sing Little Birdie 2 16
11 Bélxica Bélxica Bob Benny Hou Toch Van Mij 7 9

Táboa de votos[editar | editar a fonte]

Na seguinte táboa móstranse os votos outorgados e recibidos por cada país participante no festival:[7]

Xurados
Total Francia Dinamarca Italia Flag of Monaco.svg Flag of the Netherlands.svg Alemaña Flag of Sweden.svg Suíza Austria Flag of the United Kingdom.svg Bélxica
Participantes Francia 15   4 1 2 0 4 0 1 1 0 2
Dinamarca 12 0   1 1 1 0 4 1 2 2 0
Italia 9 3 0   1 0 0 1 3 0 0 1
Mónaco 1 0 0 0   0 0 0 0 1 0 0
Países Baixos 21 4 0 7 1   2 0 0 3 1 3
Alemaña 5 2 0 1 0 0   0 1 0 0 1
Suecia 4 0 1 0 0 3 0   0 0 0 0
Suíza 14 0 2 0 1 0 1 3   1 5 1
Austria 4 0 0 0 1 0 0 2 1   0 0
Reino Unido 16 1 1 0 2 5 0 0 3 2   2
Bélxica 9 0 2 0 1 1 3 0 0 0 2  
A táboa está ordenada segundo a orde de actuación.

Mapa[editar | editar a fonte]

Bélxica Francia Italia Países Baixos Suíza Alemaña Dinamarca Austria Suecia Reino Unido Mónaco Luxemburgo
     Países participantes nesta edición.     Países participantes en edicións anteriores, pero non nesta.

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Flag of the Netherlands.svg Hilversum 1958
EuroFrancia.svg
Festival da Canción de Eurovisión

Cannes 1959
Sucesor:
Flag of the United Kingdom.svg Londres 1960

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]