Valentina Monetta
Valentina Monetta | |
---|---|
Valentina no Festival de Eurovisión 2013 | |
Nome completo | Valentina Monetta |
Data nacemento | 1 de marzo de 1975 (49 anos) |
Nado en | Cidade de San Marino San Marino |
Ocupación | Cantante |
Xénero | Pop, Jazz |
Instrumento(s) | Voz |
Tempo en activo | 2002 - actualidade |
Na rede | |
www.valentinamonetta.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Valentina Monetta, nada na Cidade de San Marino o 1 de marzo do 1975, é unha cantante de pop sanmarinesa.
Carreira[editar | editar a fonte]
En 2008, Monetta enviou a canción "Se non ci sei tu" para participar na selección nacional para representar a San Marino no Festival de Eurovisión 2008, pero non foi seleccionada por SMtv.
O 14 de marzo de 2012, a televisión sanmarinesa SMtv anunciou que Monetta sería a representante do seu país no Festival de Eurovisión 2012 en Bakú, Acerbaixán coa canción "Facebook Uh, Oh, Oh" tras ser elixida internamente.[1] Non obstante, o 18 de marzo, uns días despois de ser anunciada a canción, a UER considerou que a canción seleccionada contiña unha mensaxe comercial da rede social Facebook, o que deu lugar á descualificación da letra e cambiouse a "The Social Network Song (OH OH - Uh - OH OH)".
Monetta participou na primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2012 celebrado o 22 de maio de 2012, e clasificouse en 14º lugar con 31 puntos, polo que non logrou acceder á gran final do certame. Ao ano seguinte foi elixida de novo por SMtv para representar o país no Festival de Eurovisión 2013 celebrado na cidade de Malmö, Suecia; coa canción en italiano "Crisalide (Vola)" composta por Ralph Siegel[2], obtendo finalmente o posto 11, a tan só 16 puntos de pasar á final.
O 20 de xuño de 2013 asinou un pre-acordo coa televisión pública de San Marnño (SMtv) para volver representar ao país no Festival de Eurovisión 2014, aínda que cabe destacar que non se trata dun acordo definitivo.[3]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
Título | Detalles do Álbum |
---|---|
Il mio gioco preferito |
|
La storia di Valentina Monetta |
|
Sinxelos[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Álbum |
---|---|---|
2002 | Sharp | -- |
2008 | Se Non Ci Sei Tu | |
2011 | Una Giornata Bellissima | La Storia di Valentina Monetta |
2012 | I'll Follow the Sunshine | |
The Social Network Song | ||
2013 | Crisalide |
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ "Valentina Monetta rappresenterà San Marino a Baku 2012". SMtv (en Italian). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ "Valentina Monetta to represent San Marino in Malmö". 23-01-2013.
- ↑ http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=8875&idioma=