Liechtenstein no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liechtenstein

Estación membro 1 FLTV
(Pendente)
Final nacional
Aparicións 0
Primeira aparición
Mellor resultado
Final
Semifinal
Peor resultado
Final
Semifinal
Ligazóns externas
[ Páxina de Liechtenstein en Eurovision.tv]

Liechtenstein intentou entrar no Festival de Eurovisión no 1976. Isto a pesar de non ser membro da Unión Europea de Radiodifusión, un requisito fundamental para participar. No 1969 a súa entrada era, supostamente, "Un Beau matin" por Vetty, aínda que se cre que foi unha brincadeira da compañía francesa que fixo un CD compilatorio. Aínda que a canción foi real, as regras do concurso fan imposíbel que a canción de Liechtenstein fora interpretada totalmente en francés. Porén, algo que si é seguro, é que no 1976, Biggi Bachman ía a cantar "My Little Cowboy" polo principado na Haia. Non obstante, ao non ser membro da UER significou que non era posíbel que asistise. Bachman entrou na final nacional de Suíza para unha edición posterior pero non gañou.

Liechtenstein podería eventualmente participar en Eurovisión, debido a que dende o 15 de agosto de 2008 comezou a emitir a 1 FLTV, a única estación de televisión do país, e polo tanto, podería ingresar como membro da UER, debido a que a estación presentou formalmente unha solicitude para converterse en membro pleno do ente de radiodifusión europea.[1] Dende a edición do 2008, é, xunto á Cidade do Vaticano, Casaquistán e Kosovo, os únicos países europeos que non participaron nunca nunha edición do Festival de Eurovisión, xa que no 2008 o fixo San Marino.

Nun correo electrónico enviado á páxina web Eurovision Times, o director de 1 FLTV, Pedro Kölbel, informou que debido á falta de subsidios do goberno de Liechtenstein, a integración non era posíbel ata o ano 2013 como moi pronto. 1 FLTV trata de entrar na UER dende 2010, non obstante o goberno non se compromete a financiar a única canle do país para unirse á UER. O director engadiu a continuación que era posíbel que o país entrase na competición de 2013 se en abril de 2012 aprobaba o financiamento necesario, pero isto non se levou a cabo e polo tanto non puido unirse no 2013. Debido a que 1 FLTV non é aínda membro da UER, Liechtenstein non participará ata polo menos no 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palacios, Jesús (21-07-2009). Eurovision-spain.com, ed. "Liechtenstein podría participar en Eurovisión 2010" (en español). Consultado o 21-07-2009.