Romanía no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romanía

Estación membro TVR
Final nacional Selecţia Naţională
Aparicións 16
Primeira aparición 1994
Mellor resultado
Final 2005
2010
Semifinal 2005
Peor resultado
Final 22º 1998
Semifinal 29º 1996
Ligazóns externas
Sitio web
Páxina de Romanía en Eurovision.tv

A Romanía participa no Festival de Eurovisión dende 1994. O seu mellor resultado foi un terceiro posto con "Let Me Try" no 2005 e no 2010 co tema "Playing With Fire" interpretado por Paula Seling e Ovi. Ademais coa primeira xa lograron a súa primeira vitoria nunha semifinal.

Romanía é un dos países que se benefician do voto "veciñal" ou "de bloque", e ao voto da diáspora. Debido á súa posición en Europa do leste, Romanía obtén votos dos países veciños; especialmente recibe puntuacións altas por parte de Moldavia, España e Israel, grazas ao elevado número de residentes romaneses nestes países e no caso de Moldavia, comparten etnia e lingua.

Participacións[editar | editar a fonte]

Ano Sede Artista Canción Final Pts Semi-final Pts
1993 Dublín Dida Dragan "Nu pleca" 7 38
1994 Dublín Dan Bittman "Dincolo de nori" 21 14
1995 Dublín Non participou
1996 Oslo Monica Anghel e Sincron "Rugă pentru pacea lumii 29 11
1997 Dublín Non participou
1998 Birmingham Mălina Olinescu "Eu cred" 22 6
1999 Xerusalén Non participou
2000 Estocolmo Taxi "Luna" 17 25
2001 Dinamarca Copenhague Non participou
2002 Estonia Tallin Monica Anghel e Marcel Pavel "Tell Me Why" 09 71
2003 Riga Nicola "Don't Break My Heart" 10 73
2004 Istambul Sanda Ladoşi "I Admit" 18 18
2005 Ucraína Kíiv Luminita Anghel "Let Me Try" 03 158 01 235
2006 Grecia Atenas Mihai Trăistariu "Tornerò" 04 172
2007 Finlandia Helsinqui Todomondo "Liubi, Liubi, I love you" 13 84
2008 Belgrado Nico e Vlad "Peo margine de lume" 20 45 07 94
2009 Moscova Elena Gheorghe "The Balkan Girls" 19 40 09 67
2010 Oslo Paula Seling e Ovi "Playing with Fire" 03 162 04 104
2011 Alemaña Düsseldorf Hotel FM "Change" 16 77 04 111
2012 Acerbaixán Bakú Mandinga "Zaleilah" 12 71 03 120
2013 Malmö Cezar "It's my life" 13 65 05 83
2014 Dinamarca Copenhague Paula Seling e Ovi "Miracle" 12 72 02 152
2015 Austria Viena - - - - - -