Festival de Eurovisión 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diman Bilan, representante de Rusia, gañador de Eurovisión 2008
Mapa da final 2008. En azul claro, o país que conseguiu máis votos; no outro extremo da gama, en vermello intenso, os países (Reino Unido, Alemaña e Polonia), que conseguiron menos puntos.

O Festival da Canción de Eurovisión 2008 foi a 53ª edición do Festival de Eurovisión. Tivo lugar en Serbia e nela participaron 43 estados o que supuxo un novo récord histórico para a organización. O gañador foi Rusia, coa canción Believe, interpretada por Dima Bilan.

Organización[editar | editar a fonte]

O festival foi organizado pola Radio Televisión Serbia. As datas de celebración foron o 20 de maio e o 22 de maio para as semifinais, e o 24 de maio para a final. O lugar foi a Beogradska Arena, un dos polideportivos máis grandes de Europa, cunha capacidade de 23.000 localidades. Os presentadores foron Jovana Janković e Željko Joksimović.

Novidades[editar | editar a fonte]

Por primeira vez, o festival desenvolveuse con dúas semifinais. Nelas participaron en total 38 países, distribuídos en dúas sesións de 19. Os únicos países que acoden directamente á final son os catro grandes (Francia, España, Reino Unido e Alemaña) e mais o país organizador, que neste caso foi Serbia.

As votacións desenvólvense co mesmo sistema de puntos ca nas edicións anteriores, pero nas semifinais só poderán votar os países que participen nesa semifinal, ademais dos catro grandes.

Participaron por primeira vez San Marino e Acerbaixán. Austria declinou participar. Por primeira vez tamén houbo un proceso previo de repartición de televisións, para que non puidesen caer demasiadas da mesma zona na mesma semifinal. Así fíxose un apartado para os países latinos, outro para os nórdicos, outros dous para os eslavos...

Cancións de 2008[editar | editar a fonte]

Final[editar | editar a fonte]

# País Intérprete(s) Canción Tradución Posición Puntuación
01 Romanía Romanía Nico e Vlad Pe-o Margine de Lume No límite do mundo 20 45
02 Reino Unido Reino Unido Andy Abraham Even If Mesmo se... 25 14
03 Albania Olta Boka Zemrën lamë peng Corazóns atrapados no tempo 17 55
04 Alemaña Alemaña No Angels Disappear Desparecer 23 14
05 Armenia Sirusho Quele quele Veña, veña 4 199
06 Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina Laka Pokušaj Tenta 10 110
07 Israel Boaz The Fire In Your Eyes Lume nos teus ollos 9 124
08 Finlandia Finlandia Teräsbetoni Missä miehet ratsastaa Onde cabalgan os homes 22 35
09 Croacia Croacia Kraljevi Ulice e 75 Cents Romanca Romance 21 44
10 Polonia Polonia Isis Gee For Life Para toda a vida 24 14
11 Islandia Islandia Euroband This is my life Esta é a miña vida 14 64
12 Turquía Turquía Mor Ve Ötesi Deli Enfermo 7 138
13 Portugal Portugal Vânia Fernandes Senhora do Mar (Negras Águas) Señora do mar (negras augas) 13 69
14 Letonia Letonia Pirates of the Sea Wolves of the Sea Lobos do mar 12 83
15 Suecia Suecia Charlotte Perrelli Hero Heroe 18 47
16 Dinamarca Dinamarca Simon Mathew All Night Long Toda a noite 15 60
17 Xeorxia Xeorxia Diana Ghurtskaia Peace Wille Come Chegará a paz 11 83
18 Ucraína Ucraína Ani Lorak Shady Lady Muller dubidosa 2 230
19 Francia Sébastien Tellier Divine Divino 19 47
20 Acerbaixán Elnur e Samir Day After Day Día tras día 8 132
21 Grecia Grecia Kalomira Secret Combination Combinación secreta 3 218
22 España España Rodolfo Chikilicuatre Baila el Chiki Chiki Baila o Chiki Chiki 16 55
23 Serbia Serbia Jelena Tomasevic Oro A miña dor 6 160
24 Rusia Rusia Dima Bilan Believe Cre 1 272
25 Noruega Noruega Maria Haukaas Storeng Hold On Be Strong Aguanta, se forte 5 182

Semifinal 1[editar | editar a fonte]

# País Intérprete(s) Canción Tradución Pasan á final[1]
01 Montenegro Montenegro Stefan Filipović Zauvijek volim te Ámote para sempre
02 Israel Boaz The Fire In Your Eyes Lume nos teus ollos
03 Estonia Estonia Kreisiraadio Leto Svet Luz de verán
04 Moldavia Moldavia Geta Burlacu A century of love Un século de amor
05 San Marino San Marino Miodio Complice Cómplice
06 Bélxica Bélxica Ishtar O Julissi
07 Acerbaixán Elnur e Samir Day After Day Día tras día
08 Eslovenia Eslovenia Rebeka Dremelj Vrag naj vzame Ao inferno con isto
09 Noruega Noruega Maria Haukaas Storeng Hold on, be strong Aguanta, se forte
10 Polonia Polonia Isis Gee For life Para toda a vida
11 Irlanda Irlanda Dustin o Pavo Irelande, Douze Pointe Irlanda, doce punta
12 Andorra Andorra Gisela Casanova Casanova
13 Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina Laka Pokušaj Tenta
14 Armenia Sirusho Qele, Qele Veña, veña
15 Países Baixos Países Baixos Hind Your heart belongs to me O teu corazón é meu
16 Finlandia Finlandia Teräsbetoni Missä miehet ratsastaa Onde cabalgan os homes
17 Romanía Romanía Nico e Vlad Pe-o margine de lume No límite do mundo
18 Rusia Rusia Dima Bilan Believe Cre
19 Grecia Grecia Kalomoira Secret combination Combinación secreta

Semifinal 2[editar | editar a fonte]

# País Intérprete(s) Canción Tradución Pasan á final[2]
6 Albania Olta Boka Zemrën lamë peng Corazóns atrapados no tempo
9 Belarús Belarús Ruslan Alenho Hasta la vista Deica
12 Bulgaria Bulgaria Deep Zone & Balthazar DJ, Take me Away DJ, lévame de aquí
17 Chipre Chipre Evdokia Kadi Femme Fatale Muller fatal
11 Croacia Croacia Kraljevi Ulice e 75 Cents Romanca Romance
13 Dinamarca Dinamarca Simon Mathew All Night Long Toda a noite
14 Xeorxia Xeorxia Diana Ghurtskaia Peace Wille Come Chegará a paz
15 Hungría Hungría Csézy Szívverés A luz das velas
1 Islandia Islandia Euroband This is my life Esta é a miña vida
10 Letonia Letonia Pirates of the Sea Wolves of the Sea Lobos do mar
5 Lituania Lituania Jeronimas Milius Nomads In The Night Os nómades na noite
18 Macedonia do Norte Macedonia do Norte Tamara, Vrčak e Adrian Vo imeto ljubovta Deixa que te ame
16 Malta Malta Morena Vodka Vodca
19 Portugal Portugal Vânia Fernandes Senhora do Mar (Negras Águas) Señora do mar (negras augas)
8 República Checa República Checa Thereza Kerndlova Have Some Fun Pásao ben
2 Suecia Suecia Charlotte Perrelli Hero Heroe
7 Suíza Suíza Paolo Meneguzzi Era stupendo Era estupendo
3 Turquía Turquía Mor Ve Ötesi Deli Enfermo
4 Ucraína Ucraína Ani Lorak Shady Lady Muller dubidosa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gisela e a marioneta de Irlanda non estarán en Eurovisión Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Galicia-e, 21/05/08
  2. "O rapeiro septuaxenario de Croacia supera a segunda semifinal de Eurovisión, 23/05/08". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2008. Consultado o 23 de maio de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Finlandia Helsinqui 2007

Festival de Eurovisión

2008
Sucesor:
Moscova 2009