Eurovision: Europe Shine a Light

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eurovision: Europe Shine a Light
Datas
Final 16 de maio de 2020
Anfitrión
Presentador(es) Chantal Janzen
Edsilia Rombley
Jan Smit
NikkieTutorials
Televisión anfitrioa

Eurovision: Europe Shine a Light, foi un programa de televisión que se emitiu en directo, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e polos entes de radiodifusión dos Países Baixos: AVROTROS, Nederlandse Omroep Stichting (NOS) e Nederlandse Publieke Omroep (NPO). Este espazo foi o encargado de substituír a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020, que estaba prevista para que se celebrase na cidade de Rotterdam (Países Baixos), pero foi cancelada por mor da pandemia de COVID-19.

O evento foi emitido desde a cidade neerlandesa de Hilversum o día 16 de maio de 2020. A súa duración foi de aproximadamente dúas horas.[1][2] Ademais, foi presentado por Chantal Janzen, Edsilia Rombley e Jan Smit, que xa foran elixidos anteriormente para presentar a edición do Festival de Eurovisión 2020, antes de que este fora cancelado.[3]


Antecedentes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Pandemia de COVID-19.

Como a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020 non se ía a poder celebrar debido ao brote de enfermidade por coronavirus 2019 (COVID-19), a UER decidiu organizar o programa de televisión Eurovision: Europe Shine a Light como alternativa. O nome deste programa foi inspirado pola canción «Love Shine a Light» da banda anglo-estadounidense Katrina & the Waves, a cal gañou o Festival de Eurovisión 1997 (XLII edición).

Esta foi a cuarta vez que a UER organizou un programa especial no formato de Eurovisión, logo dos especiais preparados para o 25°, 50º e 60º aniversario do festival: Songs of Europe (celebrado o 22 de agosto de 1981 en Mysen, Noruega), Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest (celebrado o 22 de outubro de 2005 en Copenhague, Dinamarca) e Eurovision Song Contest's Greatest Hits (celebrado o 31 de marzo de 2015 en Londres, Reino Unido). Cabe destacar que, do mesmo xeito que este último, o especial de 2020 foi un certame non competitivo.

Formato[editar | editar a fonte]

Os presentadores previstos para o Festival de Eurovisión 2020, Chantal Janzen, Jan Smit e Edsilia Rombley.

Durante o programa, as 41 cancións que foran elixidas para participar no Festival de Eurovisión 2020 foron homenaxeadas nun formato non competitivo. Xuntos, todos os artistas interpretaron a canción "Love Shine a Light" desde os seus respectivos países de orixe.[4] Tamén foron invitados varios participantes de edicións anteriores e os fans enviaron fragmentos de vídeo cantando "What's Another Year?" de Johnny Logan, vencedor do Festival de Eurovisión 1980 na Haia.[5]

Localización[editar | editar a fonte]

O 1 de abril de 2020, Hilversum foi confirmada como cidade anfitrioa do evento, co Studio 21 en Media Park como sede do espectáculo.[1] Foi a segunda vez que Hilversum organizou un evento de Eurovisión, xa que previamente albergou o Festival de Eurovisión 1958.[6]

Contidos[editar | editar a fonte]

Actuacións[editar | editar a fonte]

O programa contou con actuacións dos seguintes artistas de Eurovisión:[7]

Orde País Artista Canción Lingua Localización
01 Irlanda Johnny Logan «What's Another Year?» Inglés Dublín
Países Baixos Países Baixos Chantal Janzen, Edsilia Rombley e Jan Smit Studio 21, Hilversum
Varios países Seguidores do Festival de Eurovisión Varias localizacións
02 Suecia Måns Zelmerlöw «Heroes» Inglés Londres
03 Israel Gali Atari (de Milk & Honey) «Hallelujah» Hebreo, inglés e neerlandés Xerusalén
Países Baixos Países Baixos Mannes Bakker, 6Times, Remix, Max & Anne, Moves, Kiya van Rossum, Matheu Hinzen e Anna Grigorian (finalistas de Junior Songfestival 2018 e 2019) Varias localizacións
04 Italia Italia Diodato «Nel blu dipinto di blu» Italiano Milán
05 Serbia Marija Šerifović «Molitva» Serbio Belgrado
06 Países Baixos Países Baixos Orquestra Filharmónica de Rotterdam «Love Shine a Light»
(instrumental)
Varias localizacións
07 Alemaña Alemaña Michael Schulte «Ein bißchen Frieden» Alemán Palacio da Paz, A Haia
Países Baixos Países Baixos Ilse DeLange(de The Common Linnets)
08 Israel Netta «Cuckoo» Inglés Tel Aviv
09 Países Baixos Países Baixos Duncan Laurence «Someone Else» Inglés Studio 21, Hilversum
10 Todos os países participantes
(excepto Bélxica Bélxica)
Artistas de Eurovisión 2020 (excepto Hooverphonic) «Love Shine a Light» Inglés Varias localizacións
Katrina Leskanich (de Katrina & The Waves)

Mostra das cancións de 2020[editar | editar a fonte]

O programa tamén mostrou aos artistas e as cancións que previstas para o Festival de Eurovisión 2020 con breves extractos dos vídeos musicais ou representacións das cancións, xunto con mensaxes dos propios artistas sobre a situación excepcional causada pola pandemia. A orde foi a seguinte:

# País Intérprete(s) Canción
Primeiro bloque
01 Israel Eden Alene «Feker Libi»
02 Noruega Ulrikke «Attention»
03 Rusia Little Big «Uno»
04 Xeorxia Tornike Kipiani «Take Me As I Am»
05 Francia Francia Tom Leeb «Mon Alliée (The Best In Me)»
06 Acerbaixán Acerbaixán Efendi «Cleopatra»
07 Portugal Portugal Elisa Silva «Medo de Sentir»
08 Lituania Lituania The Roop «On Fire»
09 Suecia The Mamas «Move»
Segundo bloque
01 Letonia Samanta Tīna «Still Breathing»
02 Bélxica Bélxica Hooverphonic «Release Me»
03 Reino Unido James Newman «My Last Breath»
04 Belarús Belarús VAL «Da Vidna»
05 Finlandia Finlandia Aksel Kankaanranta «Looking Back»
06 Macedonia do Norte Macedonia do Norte Vasil «You»
07 Suíza Suíza Gjon's Tears «Répondez-moi»
08 Serbia Hurricane «Hasta La Vista»
Terceiro bloque
01 España España Blas Cantó «Universo»
02 Albania Arilena Ara «Fall From The Sky»
03 Irlanda Lesley Roy «Story Of My Life»
04 Eslovenia Eslovenia Ana Soklič «Voda»
05 Austria Austria Vincent Bueno «Alive»
06 Bulgaria Bulgaria Victoria Georgieva «Tears Getting Sober»
07 San Marino Senhit «Freaky!»
08 Islandia Islandia Daði & Gagnamagnið «Think About Things»
Cuarto bloque
01 Grecia Grecia Stefania Liberakakis «Superg!rl»
02 República Checa República Checa Benny Cristo «Kemama»
03 Polonia Polonia Alicja Szemplińska «Empires»
04 Moldavia Natalia Gordienko «Prison»
05 Chipre Chipre Sandro «Running»
06 Romanía Romanía Roxen «Alcohol You»
07 Croacia Croacia Damir Kedžo «Divlji vjetre»
08 Alemaña Alemaña Ben Dolic «Violent Thing»
Quinto bloque
01 Malta Destiny «All Of My Love»
02 Estonia Estonia Uku Suviste «What Love Is»
03 Australia Australia Montaigne «Don't Break Me»
04 Ucraína Ucraína Go_A «Solovey»
05 Dinamarca Dinamarca Ben & Tan «Yes»
06 Italia Italia Diodato «Fai Rumore»
07 Armenia Athena Manoukian «Chains On You»
08 Países Baixos Países Baixos Jeangu Macrooy «Grow»

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Granger, Anthony (1 de abril de 2020). "Eurovision: Europe Shine a Light To Be Broadcast Live From Hilversum". Eurovoix (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  2. "Eurovision: Europe Shine A Light will bring audiences together on 16 May". Eurovision.tv. 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  3. "European Broadcasting Union Announces 'Eurovision: Europe Shine a Light'". Eurovoix (en inglés). 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  4. Muldoon, Padraig (7 de abril de 2020). "2020 Acts To Sing "Love Shine A Light" At Eurovision: Europe Shine A Light". Wiwibloggs. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  5. "Oproep: Eurovision sing-a-long met Johnny Logan's 'What's Another Year'". Songfestival.nl (en neerlandés). 8 de abril de 2020. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  6. "Hilversum 1958". Eurovision.tv. 
  7. https://escxtra.com/2020/05/06/guests-europe-shine-a-light/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]