Hannah Mancini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hannah Mancini
ESC2013 - Slovenia 14 (crop).jpg
Naceu 12 de marzo de 1980
Orixe Os Ánxeles, Estados Unidos de América Estados Unidos
Ocupación (s) Cantautora
Xénero House
Instrumento(s) Voz
Tempo en activo 2009 - actualidade


Hannah Mancini, nada nos Ánxeles (California) o 12 de marzo de 1980, é unha cantante estadounidense radicada en Eslovenia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na final do proceso de selección esloveno para o Festival da Canción de Eurovisión 2011 xunto a Sylvain e Mike Vale coa canción "Ti si tisti". Dous anos despois, foi elixida internamente para representar a Eslovenia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 coa canción "Straight into love", aínda que non pasou á final, quedando na primeira semifinal na última posición con tan só oito puntos (5 dos Países Baixos e 3 de Montenegro).[1]

Na súa carreira, Hannah tamén traballou en bandas sonoras de Disney e tivo á oportunidade de colaborar no estudio con compositores como Todd Chapman e o produtor con un Grammy, Larry Klein. Tamén actuou no Show de Jay Leno.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

  • "Ti si tist" (con Sylvain e Vale Mike) (2011)
  • "Straight Into Love" (2013)

Notas[editar | editar a fonte]