Festival de Eurovisión 2011
O Festival da Canción de Eurovisión 2011 celebrouse os días 10, 12 e 14 de maio en Alemaña, trala vitoria en 2010 de Lena Meyer-Landrut co tema Satellite, o cal obtivo un total de 246 puntos.
Nesta edición, a canción Running scared, de Acerbaixán, interpretada polo dúo Ell & Nikki, foi a gañadora con 221 puntos,[1] seguida de Italia con 189 puntos e Suecia con 185 puntos.
Foi a primeira vez que Alemaña organizou o festival como un país unificado, e a terceira ocasión na que a ARD/NDR se ocupou da súa realización. En anteriores edicións, Frankfurt (1957) e Múnic (1983) acolleron edicións do Festival sendo ambas cidades da República Federal Alemá.[2][3] Tamén foi a primeira vez que o Festival se celebrou nun país do denominado Big Four (Alemaña, España, Francia e Reino Unido, que son os máximos contribuíntes do festival a nivel económico) desde a creación do grupo no ano 2000. [4]
Despois de anos sen participar, Italia, membro do extinto Big Five, volveu ao festival tras 13 anos sen concorrer, quedando en segunda posición. Xunto a Italia, Austria, Hungría e San Mariño volveron formar parte do Festival de Eurovisión.
España foi representada no festival pola cantante galega Lucía Pérez, que acabou en 23ª posición, con 50 puntos.
Índice |
A cidade anfitrioa [editar]
- Artigo principal: Düsseldorf.
Hai trece anos que o Festival se celebra na capital do país anfitrión (salvo no Festival de 2004 que foi celebrado en Istambul, antiga capital de Turquía). Este ano volveuse romper o esquema sendo elixida a cidade de Düsseldorf como sede do Festival, fronte as sete cidades candidatas: Berlín, Colonia, Frankfurt, Gelsenkirchen,[5] Hannover, Hamburgo e Múnic.[6].
Organización [editar]
Deseño gráfico e visual [editar]
O 13 de xaneiro de 2011, a televisión alemá NDR revelou o tema artístico e o eslogan para o festival de Düsseldorf, "Feel your heart beat!" (en galego: Sinte o latexo do teu corazón!), concepto desenvolto pola empresa inglesa Turquoise.
O símbolo principal é un corazón palpitando realizado con raios de luz multicolor, que quere expresar as grandes emocións que a música pode evocar, as cales son aplicables ao Festival de Eurovisión: entusiasmo, corazóns palpitantes, emoción, amor e paixón. Non hai límites nestas emocións, nin barreiras idiomáticas. O logo tamén fai referencia a que cada canción ten o seu particular ritmo individual.
A idea do símbolo xurdiu da propia gañadora do Festival de Oslo, Lena Meyer-Landrut, que durante a súa conversa co presentador Erik Solbakken formou un corazón cos seus dedos para agradecer ós telespectadores que votaran por ela.
Presentadores [editar]
A ARD/NDR revelou os nomes dos presentadores desta edición o 16 de decembro de 2010: Anke Engelke, Judith Rakers e Stefan Raab. É a terceira vez na historia do Festival de Eurovisión que tres presentadores conducen o Festival. Isto xa ocorreu no Festival de Eurovisión de 1999 e no Festival de Eurovisión 2010.[7] Stefan Raab representou a Alemaña no ano 2000 e apareceu noutras edicións do Festival.
Países participantes [editar]
Sorteo das semifinais [editar]
O 17 de xaneiro de 2011 celebrouse o sorteo para decidir os países participantes en cada unha das semifinais do festival. Baseándose no mesmo sistema empregado no Festival de Eurovisión 2010, mais co cambio de 5 bombos a 6. Todos os países foron separados en seis bombos individuais en función do seu historial de voto nos festivais anteriores e da súa localización xeográfica. O sorteo levouse a cabo para garantir que os países dispostos a dar as súas puntuacións altas un ao outro non participen na mesma semifinal. Un sétimo bombo, no cal só participaron os membros do Big Five: Alemaña, España, Italia, Francia e o Reino Unido, sorteouse co fin de designar que país votará e retransmitirá polo menos unha semifinal.
| Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 | Bombo 5 | Bombo 6 |
|---|---|---|---|---|---|
Tras o sorteo celebrado o 17 de xaneiro en Düsseldorf, ambas semifinais quedaron establecidas do seguinte xeito:[8]
| 1.ª Semifinal 10 de maio de 2011 |
2.ª Semifinal 12 de maio de 2011 |
||
|---|---|---|---|
|
|
|
||
- Tras unha reunión sobre a participación israelí decidiuse que participase na 2ª semifinal porque a 1ª semifinal e o primeiro ensaio coincidían con festividades cívico-relixiosas (o Yom Ha'atzmaut e o Yom Hazikarón respectivamente).
- Incluiuse a Eslovaquia no sorteo, no bombo 6, e foi elixida para participar na segunda semifinal, a pesar de que a propia cadena anunciara que non tomaría parte no festival. Posteriormente confirmouse a súa participación para evitar a sanción imposta por abandonar o Festival tras a data límite.
Final [editar]
A final celebrase o día 14 de maio de 2011.
Artistas que repiten [editar]
| Artista | País | Ano anterior |
|---|---|---|
| Dino Merlin[9] | 1999 | |
| Lena | 2010 (gañadora) | |
| Gunnar Ólafsson (parte de Sigurjón's Friends)[10] | 2001 (parte de Two Tricky)[11] | |
| Dana International | 1998 (gañadora) | |
| Zdob şi Zdub[12] | 2005 |
Notas [editar]
- ↑ Clasificación final de Eurovisión 2011 en Classora
- ↑ http://www.eurovision.tv/page/history/by-year/contest Eurovision History by year (1957)
- ↑ http://www.eurovision.tv/page/history/by-year/contest?Eurovision History by year (1983)
- ↑ The Eurovision Song Contest 50 Years The Official History. John Kenndy O'Connor. 2005. Carlton Books Limited. Londres. ISBN 1-84442-586-X
- ↑ http://www.bild.de/BILD/unterhaltung/musik/grand-prix/2010/06/01/lena-titelverteidigung-song-contest-2011/hamburg-berlin-koeln-hannover-schalke-gelsenkirchen-grand-prix.html Eurovision Song Contest 2011 - Jetzt will auch Schalke den Grand Prix
- ↑ http://www.oikotimes.com/v2/index.php?file=articles&id=8300 GERMANY - Seven cities already declared interest
- ↑ http://www.eurovision.tv/page/news?id=22603&_t=Presenters+for+2011+Eurovision+Song+Contest+announced%21
- ↑ http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=7030&
- ↑ Al Kaziri, Ghassan (1 December 2010). "Dino Merlin returns as 2011 representative". Oikotimes. http://www.oikotimes.com/v2/index.php?file=articles&id=9325. Consultado o December 6, 2010.
- ↑ http://www.eurovision.tv/page/news?id=25543&_t=sigurjons_friends_will_pay_him_homage_in_duesseldorf%7Ctitle=Sigurjón's Friends will pay him homage in Düsseldorf|last=Escudero|first=Victor M|publisher=European Broadcasting Union|accessdate=12 February 2011}}
- ↑ "Aftur heim - info". Digiloo Thrush. http://www.diggiloo.net/?info.2011is#artists. Consultado o February 19, 2011.
- ↑ Brey, Marco (2011-02-26). "Zdob şi Zdub to represent Moldova!". European Broadcasting Union. http://www.eurovision.tv/page/news?id=26263&_t=zdob_si_zdub_to_represent_moldova. Consultado o 26 February 2011.
| Predecesor: Oslo 2010 |
Festival de Eurovisión 2011 |
Sucesor: 2012 |
