Sedaví

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sedaví
Sedavi escudo.gif
Situación xeográfica
Localización de Sedaví respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Sedaví respecto á comarca da Horta Sud
País España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
Provincia Valencia
Comarca L'Horta Sud
Xeografía
Altitude 9 msnm
Superficie 1,80 km²
Poboación
Poboación 9.750 hab. (2008)
Densidade 5.416,67 hab./km²
Xentilicio Sedavienco/a
Información
Código postal 46910
Alcalde Rafael Pérez Martínez (PP)
Páxina web Ajuntament de Sedaví

Sedaví é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado no sector meridional da comarca. O seu termo, estreito e alargado e o seu relevo é totalmente chairo e cuberto por sedimentos da época cuaternaria, aínda en proceso de colmatación no extremo oriental do termo, ocupado hoxe por arrozais. O termo municipal de Sedaví limita coas localidades de Alfafar, Llocnou de la Corona e Valencia todas elas da Horta Sud.

A súa altitude media mantense por baixo dos 10 m. O clima é tipicamente mediterráneo, con medias térmicas que oscilan entre os 10 ºC e os 25 ºC de xullo.

Historia[editar | editar a fonte]

A súa orixe histórica parece estar na alquería musulmá denominada Beni-Cedaví que, tras a conquista cristiá, foi doada polo rei Xaime I ao cabaleiro Octavià no ano 1239. Dende o século XVI até 1814 formou parte da familia Barradas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Sedaví conta cunha poboación de 9.750 habitantes (2008).

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2007 2008
1.827 1.988 2.009 2.550 2.767 2.987 3.544 5.450 8.213 8.069 8.353 8.991 8.991 9.750

Economía[editar | editar a fonte]

A súa economía, baseada tradicionalmente nos cultivos hortícolas e o arroz, sufriu no presente século unha profunda transformación até converterse eminentemente en industrial, centrada en torno ao ramo do moble e a madeira. Non existen cultivos de secaño e os cultivos de regadío repártense entre o arroz, a laranxeira, o millo e as hortalizas, que son os que maior extensión ocupan. A gandaría apenas está representada por algunhas cabezas de vacún estabulado, para a produción de leite.

A industria é o sector económico máis importante e factor crave para o aumento da poboación baseado na inmigración de man de obra. O moble é a especialidade que lle dá renome e nel traballa máis dun terzo da poboación activa. A produción realízase en pequenos talleres de orixe artesanal e familiar, ampliados a empresas medianas nos últimos anos. Expórtase a países europeos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]