Alaquàs
| Alaquàs | ||
|---|---|---|
|
||
| Situación xeográfica | ||
| Estado: | España | |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano | |
| Provincia: | Valencia | |
| Comarca: | L'Horta Oest | |
| Xeografía | ||
| Altitude: | 42 msnm | |
| Superficie: | 3,90 km² | |
| Poboación | ||
| Poboación total: | 30.297 hab. (2008) | |
| Densidade de poboación: | 7.768,46 hab./km² | |
| Xentilicio: | Alacuasiero/a | |
| Información | ||
| Código postal: | 46970 | |
| Alcalde: | Jorge Alarte Gorbe (PSPV) | |
| Sitio na web: | www.alaquas.org | |
Alaquàs (en valenciano e oficialmente: Alaquàs) é un concello do País Valenciano. Pertencente á provincia de Valencia, situado na zona oeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Oest. Conta con 30.297 habitantes (INE 2008).
Índice |
Xeografía[editar]
Situado a 42 m de altitude e con 3,9 km² de extensión, localízase na Horta de Valencia, a 7 km ao oeste da capital provincial e pertencente á comarca da Horta Oest. Limita ao norte e ao oeste co municipio de Aldaia, e ao Sur co de Torrent e o de Picanya, e finalmente ao Leste co de Xirivella.
Historia[editar]
Antiga alquería musulmá, a súa titularidade foi outorgada por Jaume I a Bernat Castelló no ano 1238, o cal cambiouna por outras posesións a Ponce Soler. Posteriormente, confiscóuselle e pasou a mans da Coroa. En 1319 Joan Escrivà comprou o señorío e despois adquiriuno a familia Vilaragut, que o venderon no século XV aos Aguilar. Despois pasou a ser patrimonio dos Pardo de la Costa. Un dos membros desta familia, Lluís Pardo, obtivo o título de conde de Alaquàs no ano 1577. Máis tarde, o condado pertenceu aos marqueses de Manfredi e, despois ao barón de Bolbait. Deste momento consérvase o palacio-castelo levantado baixo o patrimonio de Lluís Pardo da Costa e recentemente recuperado para o público xeral polo Concello de Alaquàs; trátase dunha construción de planta cuadrangular, con catro torres de 25 m. de altura, das cales só conservábanse tres. Nunha recente restauración reconstruíuse a cuarta torre.
Etimoloxía[editar]
O nome de Alaquàs é de orixe arábiga, xa que provén do árabe al-aquas الأقواس, é dicir, "os arcos" ou "as arcadas", e fai referencia a unha localidade situada ao redor de vinte quilómetros do Barranc de Torrent. Como un caldeirón procedente de Manises está construída con moitas arcadas, ou debido á posible existencia dunhas arcadas dalgunha ponte moura xa desaparecida, os árabes chamárono desta forma. Xa durante a conquista cristiá, logo de sitiar a localidade, Jaume I deu a Berenguer de Castellnou Alaquaz, tal como consta no documento de concesión.
Demografía[editar]
Nos anos 60 do século XX produciuse unha grande chegada de inmigrantes de Andalucía e Castela o que fixo aumentar a poboación considerabelmente até acadar uns 24.000 habitantes en 1986 e chegando aos 30.297 no año 2008.
| Evolución demográfica de Alaquàs[1] | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||
| Población | 1.846 | 2.062 | 2.370 | 2.672 | 2.765 | 3.276 | 3.753 | 4.332 | 8.116 | 19.639 | 23.550 | 24.107 | 26.939 | 30.104 | 30.177 | 30.297 | |||
Notas[editar]
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Series de poboación dos municipios dende 1996.