Igrexas ortodoxas orientais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Igrexas ortodoxas orientais son aquelas igrexas cristiás orientais que aceptan tan só os tres primeiros concilios ecuménicos (Primeiro Concilio de Nicea, Primeiro Concilio de Constantinopla e Primeiro Concilio de Éfeso). Rexeitaron as definicións dogmáticas do Concilio de Calcedonia do 451. Tamén son coñecidas como igrexas orientais antigas, miafisitas ou non calcedonianas; e descritas tanto polo cristianismo occidental como pola Igrexa Ortodoxa como igrexas monofisitas (aínda que elas mesmas rexeitan esta descrición como inexacta, por ter rexeitado as ensinanzas de Nestorio e Eutiques).[1] Estas igrexas están en plena comuñón entre elas, aínda que son totalmente independentes.

Non se debe confundir ás igrexas ortodoxas orientais coas diferentes igrexas ortodoxas. A comuñón ortodoxa oriental abrangue seis igrexas: a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Ortodoxa Etíope, a Igrexa Ortodoxa Eritrea, a Igrexa Ortodoxa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Siria Malankara e a Igrexa Apostólica Armenia.[2] Estas igrexas, malia estar en comuñón entre elas, son xerárquicamente independentes.

Historia[editar | editar a fonte]

Icona copta de santo Antón Abade.

A ortodoxia oriental separouse do resto da Igrexa por diferenzas terminolóxicas cristolóxicas. O Primeiro Concilio de Nicea declarara que Xesús Cristo é Deus, é dicir, "consubstancial" co Pai; e o Primeiro Concilio de Éfeso que Xesús, malia seren verdadeiramente divino e humano, é un único ser persoal (unión hipostática). Vinte anos logo de Éfeso, o Concilio de Calcedonia declarou que Xesús é unha persoa en dúas naturezas completas, a humana e a divina. Aqueles que opuxéronse á declaración de Calcedonia sostiñan unha doutrina semellante ao nestorianismo, condenado en Éfeso, segundo a cal Cristo era dous seres distintos, un divino (o Logos) e outro humano (Xesús).

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Distribución dos cristiáns ortodoxos orientais no mundo:      Relixión maioritaria (máis dun 75%)      Relixión principal (50% – 75%)      Minoría relixiosa de importancia (20% – 50%)      Minoría relixiosa significativa (5% – 20%)      Minoría relixiosa (1% – 5%)      Pequena minoría relixiosa (menos do 1%), mais con autocefalia

A ortodoxia oriental é a relixión dominante en Armenia (94%), a República de Nagorno-Karabakh (95%) e, en Etiopía (43%), especialmente en dúas rexións: rexión de Amhara (82%) e rexión de Tigray (96%), así como na cidade de Adís Abeba (75%).[3] É tamén unha das dúas relixións dominantes en Eritrea (50%).

Constitúe unha minoría en Exipto (9%),[4] Sudán (3–5% do 15% de cristiáns), Siria (2–3% do 10% de cristiáns), Líbano (10% do 40% de cristiáns) e Kerala, India (7% do 20% de cristiáns en Kerala).[5] En termos do número total de membros, a Igrexa Etíope é a maior de todas elas.

As igrexas[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]