Área metropolitana de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mancomunidade de Municipios
Entidade do Transporte
Entidade do Medio Ambiente

A Área metropolitana de Barcelona (AMB) está integrada por tres organismos territoriais de xestión. En conxunto ofrecen servizos a 36 municipios cunha poboación de 3 150 380 habitantes (INE, 2007) nunha extensión de 633 km² e unha densidade de 4 977 hab/km².

É o núcleo central da Rexión urbana de Barcelona, que conta cunha poboación de 4.856.579 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².Autoritat do Transport Metropolità: Ámbito do Sistema Tarifario Integrado

Esta constituída por:

  • Mancomunitat de Municipis: intégrana 31 municipios. Xestiona as áreas comúns que afectan a: espazos públicos, infraestruturas e vialidade, equipamentos, urbanismo e vivenda. Conta con 3 029 389 habitantes e unha extensión de 495 km². Vistos os servizos que ofrece podería considerarse como a área metropolitana xenuína de Barcelona.
  • Entitat do Transport: intégrana 18 municipios. Dá servizo a unha poboación de 2.790.803 habitantes nunha extensión de 332 km². Son os que forman un estrito continuo urbano coa capital. Creada para xestionar de forma conxunta os servizos de transporte público de viaxeiros no seu ámbito territorial.
  • Entitat do Medi Ambient[Ligazón morta]: intégrana 33 municipios. Dá servizo a unha poboación de 3.121.795 habitantes nunha extensión de 583 km². Encargada de xestionar os servizos hidráulicos e o tratamento de residuos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A área metropolitana de Barcelona atópase na costa central catalá e ao redor do seu capital. Pódense diferenciar dúas zonas:

Municipios da área metropolitana[editar | editar a fonte]

Cidade

Comarca

Organismos

Habitantes

Area en km²

Densidade

Distancia Barcelona

Barcelona Barcelonès MM/ET/EMA 1.595.110 101 15.951 ---
L'Hospitalet de Llobregat Barcelonès MM/ET/EMA 251.848 12 20.987 limítrofe
Badalona Barcelonès MM/ET/EMA 216.201 22 10.295 10,8
Santa Coloma de Gramenet Barcelonès MM/ET/EMA 116.765 7 16.681 limítrofe
Cornellà de Llobregat Baix Llobregat MM/ET/EMA 84.477 7 12.068 10
Sant Boi de Llobregat Baix Llobregat MM/ET/EMA 80.727 22 3.669 11,5
Sant Cugat del Vallès Vallès Occidental EMA 74.345 48 1.517 10
El Prat de Llobregat Baix Llobregat MM/ET/EMA 62.663 31 2.021 limítrofe
Viladecans Baix Llobregat MM/ET/EMA 61.718 20 3.086 21,8
Castelldefels Baix Llobregat MM/ET/EMA 58.955 13 4.535 27,7
Cerdanyola del Vallès Vallès Occidental MM/EMA 57.758 32 1.925 17,7
Esplugues de Llobregat Baix Llobregat MM/ET/EMA 46.286 5 9.257 limítrofe
Gavà Baix Llobregat MM/ET/EMA 44.678 31 1.489 23,1
Sant Feliu de Llobregat Baix Llobregat MM/ET/EMA 42.273 12 3.523 16
Ripollet Vallès Occidental MM/EMA 35.661 4 8.915 18
Sant Adrià de Besòs Barcelonès MM/ET/EMA 32.734 4 8.184 limítrofe
Montcada i Reixac Vallès Occidental MM/ET/EMA 32.111 23 1.396 limítrofe
Sant Joan Despí Baix Llobregat MM/ET/EMA 31.671 6 5.279 13,8
Barberà del Vallès Vallès Occidental EMA 29.208 8 3.651 15
Sant Vicenç dels Horts Baix Llobregat MM/EMA 27.106 9 3.012 16,9
Sant Andreu de la Barca Baix Llobregat MM/ET/EMA 25.743 6 4.291 19
Molins de Rei Baix Llobregat MM/EMA 23.54 16 1.472 12,9
Sant Just Desvern Baix Llobregat MM/ET/EMA 15.391 8 1.924 limítrofe
Badia del Vallès Vallès Occidental MM/EMA 13.975 1 13.975 20
Corbera de Llobregat Baix Llobregat MM 13.133 18 691 25,4
Castellbisbal Vallès Occidental EMA 11.540 31 372 22
Pallejà Baix Llobregat MM/EMA 10.819 8 1.352 17
Montgat Maresme MM/ET/EMA 9.778 3 3.259 14
Cervelló Baix Llobregat MM 7.944 22 331 20
Santa Coloma de Cervelló Baix Llobregat MM 7.508 7 1.073 18
Tiana Maresme MM/ET/EMA 7.417 8 927 15
Begues Baix Llobregat EMA 5.898 50 118 20
Torrelles de Llobregat Baix Llobregat MM/EMA 4.974 14 355 21
El Papiol Baix Llobregat MM/EMA 3.781 9 420 15
Sant Climent de Llobregat Baix Llobregat MM/EMA 3.631 11 330 19
la Palma de Cervelló Baix Llobregat MM/EMA 3.009 5 602 21
Total 3.150.380 633 4.977

Grandes proxectos metropolitanos[editar | editar a fonte]

Aeroporto[editar | editar a fonte]

O Aeroporto de Barcelona atópase en plena [1][Ligazón morta] ampliación e remodelación. Xa se puxo en servizo a terceira pista e entrou en funcionamento a nova torre de control. A [2][Ligazón morta] Terminal Sur espérase que entre en servizo durante o ano 2008. Estase traballando á súa vez na nova cidade aeroportuaria, a nova terminal de carga, así como nos novos viarios de conexión e nas infraestruturas ferroviarias que o conectarán con Barcelona. O aeroporto, que no ano 2006 superou os 30 millóns de pasaxeiros, poderá asumir un tráfico de 55 millóns de pasaxeiros ao ano unha vez as obras finalicen. Será como unha [3][Ligazón morta] cidade de 40.000 habitantes que atenderá directamente a máis de 150.000 pasaxeiros ao día, 80.000 deles na nova Terminal Sur.

Porto[editar | editar a fonte]

Unha vez acabada a súa ampliación[Ligazón morta] en 2011 dobraría tanto a súa superficie como as súas infraestruturas, o que á súa vez permitirá duplicar o tráfico de mercancías. Un dos seus principais atractivos será a intermodalidade a través dos novos accesos viarios e ferroviarios, a chegada do ancho de vía europeo e a proximidade ao aeroporto (3 km). A pesar de que a primeira pedra da ampliación colocouse no 2001, co obxecto de desviar a canle do río Llobregat 3 km cara ao sur, o colosal tamaño da infraestrutura supón que o estado das obras[Ligazón morta] aínda diste do aspecto que terá á súa finalización.

Distrito económico Gran Vía[editar | editar a fonte]

Entre os municipios de Barcelona e L'Hospitalet de Llobregat estase levantando a que será a terceira operación máis relevante de Cataluña en teito edificable (1,5 millóns de m2). O investimento previsto rolda os 1 800 millóns de euros e proporcionará traballo a 30 000 persoas. Nesa contorna atravesada pola Gran Vía, que será soterrada en parte (700 metros) e deprimida o resto (2 000 metros), situaranse:

Sincrotrón[editar | editar a fonte]

O sincrotrón de Cerdanyola del Vallès é a maior instalación científica que se porá en marcha en España nos próximos anos, que empezará a funcionar en 2009. Os sincrotróns son aceleradores de partículas que producen unha luz moi pura, capaz de penetrar na materia, polo que son unha ferramenta fundamental na análise de moléculas. Teñen aplicacións en ámbitos como bioloxía, enxeñería, biotecnoloxía e nanotecnoloxía. Os gobernos central e autonómico asinaron un convenio en marzo de 2005 no que se comprometen a asumir a partes iguais o custo da operación, que será de 170 millóns de euros. As obras deron comezo en outubro do 2006.

Parc de Recerca Biomèdica[editar | editar a fonte]

O prbb, Parque de Investigación Biomédica de Barcelona é unha infraestrutura científica en plena fase de equipamento e posta en marcha dos 80 grupos de investigación independentes, integrados por máis de 1.000 persoas, aos que acollerá cando estea a pleno rendemento, durante o ano 2007. Será centro especializado en:

O prbb, que foi financiado pola Unión Europea, xerará coñecementos de alto nivel para descifrar a base xenética e molecular da vida e axudar a solucionar os problemas de saúde emerxentes. A sorprendente concentración de investigadores de alto nivel, que traballaron nos mellores centros internacionais, está atraendo constantemente novos talentos do ámbito científico de todo o mundo.

Fronte marítima[editar | editar a fonte]

Para o ano 2008, Barcelona [4], Sant Adrià de Besòs [5] e Badalona [6] rexenerarían e transformado toda a súa fronte marítima. transcorrerían 20 anos desde que as escavadoras empezasen a derruír a barreira industrial que separaba a cidade do mar. Os Xogos Olímpicos de 1992 deron ese primeiro impulso. E 10 anos máis tarde foi o Fórum Universal das Culturas 2004 o que ofreceu outro impulso transformador. Finalmente, xa son moi poucas as obras pendentes, todas xa en execución. Recuperáronse para uso e goce de cidadáns e turistas 10 quilómetros de praias; construíronse 4 portos deportivos, o zoo mariño e un bo número de parques e instalacións deportivas ao longo da fronte marítima.

AVE[editar | editar a fonte]

O 20 de febreiro de 2008, un día antes do inicio da campaña electoral para as eleccións xerais españolas, púxose en circulación o primeiro tren AVE comercial para pasaxeiros (liña Madrid-Guadalaxara-Calatayud-Zaragoza-Lleida-Tarragona-Barcelona) con destino final na Estació de Sants. A cidade contará con dúas grandes estacións intermodais interconectadas a través dun túnel subterráneo que cruzará a cidade: a Estación de Sants[Ligazón morta], actualmente en remodelación e que absorberá o tráfico da Península, e a Estación da Sagrera(estación da Sagrera), que fará o propio co tráfico europeo. Parece que existe un sólido compromiso entre Adif e as institucións implicadas para que a conexión coa fronteira francesa e Perpiñan sexa unha realidade no 2009.

Liña Orbital Ferroviaria[editar | editar a fonte]

A nova Liña Orbital Ferroviaria[Ligazón morta] é unha actuación estratéxica que ten como obxectivo potenciar o transporte ferroviario rompendo a radialidade comunicativa na rexión metropolitana que ten como eixo a cidade de Barcelona e contribuír á vertebración do territorio. De acordo co trazado proposto, a nova liña contará cun total de 106 quilómetros, dos cales 51 xa son operativos. Unirá 25 estacións entre Vilanova i la Geltrú e Mataró, 17 das cales xa están construídas.

Liña 9 do Metro[editar | editar a fonte]

A [Ligazón morta liña 9 do Metro de Barcelona será a máis longa de Europa con 46.6 quilómetros e 51 estacións, 15 delas intermodais. Todas as estacións estarán adaptadas para as persoas con problemas de mobilidade. Os tramos desdobrados nos seus extremos está previsto que entren en servizo no 2008 e o resto da liña cara ao 2013. Cando estea a pleno rendemento espérase que dea servizo a 90 millóns de viaxeiros durante o primeiro ano de funcionamento, conectando os municipios de Badalona, Santa Coloma de Gramenet, Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat e El Prat de Llobregat. Terá unha estación en cada unha das dúas terminais do Aeroporto de Barcelona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]