Paiporta
| Paiporta | |
|---|---|
![]() |
|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | L'Horta Sud |
| Xeografía | |
| Altitude: | 52 msnm |
| Superficie: | 3,90 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 23.245 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 5.960,26 hab./km² |
| Xentilicio: | Paiportí/ina |
| Información | |
| Código postal: | 46200 |
| Alcalde: | Vicente Ibor Asensi (PP) |
| Sitio na web: | Ajuntament de Paiporta |
Paiporta é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud.
Índice |
Xeografía[editar]
Concello da Horta, situado ao sur da cidade de Valencia. O territorio é totalmente chan, e o seu accidente xeográfico máis importante é barranco de Xiva, que divide en dúas partes a vila e o termo. O núcleo máis antigo atópase á esquerda do cantil, da beira da igrexa de Sant Jordi.
O clima é mediterráneo, con invernos suaves e estíos calorosos. A choiva, escasa, cae no outono e na primavera ao redor dos 450/550 mm./anuais. A proximidade da mar dálle ao aire un certo grao de humidade. A temperatura media anual é de 19ºC, con medias térmicas de 10º en xaneiro e 25º en agosto.
Pódese acceder a esta localidade a través da liña 1 do Metro de Valencia. A liña 5 tamén posúe un roteiro con paraxe na vila.
Localidades limítrofes[editar]
Paiporta limita coas localidades de Alfafar, Benetússer, Catarroja, Massanassa, Picanya e Valencia (a 5,5 km) todas elas da provincia de Valencia.
Historia[editar]
Segundo o Llibre de Repartiment (Libro de Repartición) no 1238 o rei Jaume I outorgou a Arnau Lago as aldeas de Cotelles e o Racó, onde posteriormente se asentou o pobo, denominado entón de Sant Jordi.
En 1366 o rei Pere III dá o lugar a Pere Boïl ie Castellar que posuía o terzo diezmo e o dereito de cobrar impostos para o monarca. No ano 1447, o señorío pertencía á Xustiza de Valencia (Justícia de València), Genís Ferrer, e no 1494 pasou a ser patrimonio de Pere Joaquim Pons. No 1584, Elionor Pons contraeu matrimonio con Pere Ladron Pallàs, quen herdou o título de vizconde de Xelva; no ano 1599, o rei outorgou o título de conde de Sinarcas a Jaume Ladron de Pallàs; ao morrer Gaspar Ladron de Pallàs sen descendencia masculina o señorío separouse do vizcondado de Xelva. No século XVII un roubo de sacras formas no convento de Sant Joaquim e Santa Anna, levantado en 1595 e a estas alturas desaparecido, serviu de escusa ao vicerrei para iniciar unha dura represión do bandoleirismo en todo o país; no 1741, e até a desamortización era propiedade do marqués de Valdecarzana, quen se titulou Barón de Paiporta. En 1841 vai engadirse o barrio de Casesnoves, tamén denominado Portugalet, que pertencía á xurisdición de Torrent e á parroquia de Picanya.
Demografía[editar]
Paiporta conta cunha poboación de 23.245 habitantes.
| Evolución demográfica de Paiporta | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2007 | 2008 | ||||||
| 2.296 | 2.506 | 2.746 | 3.074 | 3.182 | 3.574 | 4.054 | 11.224 | 14.514 | 15.627 | 18.194 | 21.341 | 22.374 | 23.245 | ||||||
Economía[editar]
A economía local basease na agricultura e na industria. O campo paiportí, que é regado pola canle do Faitanar, dá hortalizas, cítricos e flor natural. No tocante á industria nos seus tres polígonos industriais hai fábricas de mobles, xoguetes, chapas e obradoiros de madeira, téxtiles, pinturas, materiais para construción, etc.
A súa economía actualmente é máis industrial que agrícola, a pesar de ter labrada toda a superficie do termo que non foi ocupada por fábricas e zona urbana. A orixe dos regos nesta zona semella ser tan antiga coma no resto da Horta de Valencia.
A laranxeira leva camiño de converterse en monocultivo, a pesares de que inda hoxe dedícase a metade do regadío a hortalizas e millo. A gandaría conta con cabezas de gando vacún e con aves repartidas entre varias granxas.
Monumentos[editar]
- Igrexa de San Xoán (Església de Sant Jordi). Erixida no 1754 sobre unha anterior, de 1579. O estilo arquitectónico é de transición entre o barroco e o neoclásico.
- Museo da Ladrillaría (Museu de la Rajoleria'). A antiga fábrica de ladrillos de Bauset vaise acondicionar para acoller o Museu de la Rajoleria, un espazo cultural e etnolóxico de grande importancia. Hoxe, dá cabida a todo tipo de iniciativas artísticas e acolle aos que antes eran os fornos, unha exposición permanente que mostra parte de la historia social e local da fábrica.
- Unha boa mostra da arquitectura rural da comarca de L'Horta: Pou de Sant Bernat, Pou de Sant Francesc, Villa Socorro, Villa Amparo e Villa Consuelo, son as máis destacades.
Festas e celebracións[editar]
- As Festas Maiores (Festes Majors). Celébranse na segunda semana do mes de agosto, na honra de Sant Roc, patrón de Paiporta, finalizando o día 16 de agosto. Consisten nunha serie de actividades festeiras, culturais e lúdicas, coma bailes, actuacións, concertos de banda de música, día infantil, xantares populares, tir i arrossegament, cabalgata, procesión e lume (ao mediodía: mascletà e pola noite, castell de fogos de artificio).
- O Día do Can (Dia del Gos). É unha festa págana que se celebra o día 17 de agosto, en homenaxe ao can de Sant Roc. É unha festa con baile, cabalgata, disfraces, xantar e lume, culminando coa Procesión do Can (Processó del Gos) e a súa queima. A orixe desta festa é descoñecido. Os máis vellos contan que se celebra dende tempos inmemoriais, e que vai deixar de realizarse fai 25 anos, mais dende o ano 1991, un grupo de 34 paiportís, recuperou a tradición.
- Día de Sant Vicent. A seguinte segunda feira ao luns de Pascua. Este día festéxase o Comulgar dos Impedidos (Combregar dels Impedits).
- Fallas (Les Falles). Celébranse tamén do 15 ao 19 de Marzo, e outras festas durante todo o ano a cargo de diferentes asociacións de festas culturais, relixiosas e de veciños da poboación.
Fillos ilustres[editar]
- Vicent Doménech, el Palleter (Paiporta, 1783) que protagonizou a revolta popular contra a invasión francesa de 1808.
- Fra Gabriel Ferrandis (1701 - 1782). Teólogo, autor de varias obras de carácter relixioso, tanto en castelán coma en valenciano, entre as que pode destacarse Catecisme cristià.
- Micaela de Paiporta, misioneira capuchina fundadora da Misión de Nuestra Señora de Araguaimujo, no Delta do Orinoco, Venezuela a comezos do século XX, e onde traballou coma docente ensinando aos nenos e nenas waraos até a súa morte.
Política e administración[editar]
Alcaldes de Paiporta
- Bartolomé Bas Tarazona 1979-1983 PSPV
- Bartolomé Bas Tarazona 1983-1987 PSPV
- Bartolomé Bas Tarazona 1987-1991 PSPV
- Bartolomé Bas Tarazona 1991-1995 PSPV
- Bartolomé Bas Tarazona 1995-1999 PSPV
- Bartolomé Bas Tarazona 1999-2003 PSPV
- Bartolomé Bas Tarazona 2003-2007 PSPV
- Vicente Ibor Asensi 2007-2011 PP
