Clemente XII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clemente XII, papa
Nome completoLorenzo Corsini
Nacemento7 de abril de 1652 e 16 de abril de 1652
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento6 de febreiro de 1740 e 8 de febreiro de 1740
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Xoán de Latrán
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Pisa e Pontificia Universidade Gregoriana
Ocupaciónsacerdote católico e bispo católico
PaiBartolomeo Corsini
NaiLisabetta Strozzi
Períodoentre 1730 e 1740
Coñecido porser o papa n° 246 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Corsini-1 Find a Grave: 8812440 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Clemente XII

Lorenzo Corsini, o futuro Clemente XII (en latín Clemens XII, en italiano Clemente XII), nado en Florencia o 7 de abril de 1652 e finado en Roma o 6 de febreiro de 1740. Foi o papa n.º 246 da Igrexa católica. Era dunha célebre familia da cal era membro santo André Corsini. Despois de estudos no Colexio Xesuíta, obtivo un doutoramento en dereito na Universidade de Pisa. Creado cardeal por Clemente XI, e elixido papa o 12 de xullo de 1730, sucedendo a Bieito XIII , volveuse case totalmente cego e paralizado, ben que as súas brillantes facultades intelectuais e a súa capacidade para elixir un círculo competente lle permitiron un brillante pontificado.

Clemente comezou a súa tarefa por atenuar a corrupción de certos Bieitos, mellorou a eficacia do goberno dos Estados Pontificios, aínda que lle fose reprochado a creación dunha lotaría como medio de recoller fondos.

Nas súas relacións coas grandes potencias da época, Clemente recibiu as mesmas humillacións que a maioría dos papas deste século. O seu dereito de señor feudal sobre Parma foi ignorado, e os Borbóns uníronse cos Habsburgos contra o vello papa.

Continuou, por unha banda, a presión sobre os xansenista, cuxa bula Unigenitus marca o comezo, e sobre todo emitiu, en 1738, a bula In eminenti apostolatus specula contra a masonaría. Por outra banda, recibiu na Igrexa un gran número de coptos monofisitas.

Continuou a política de disposición da cidade de Roma desexada polos seus predecesores. Débeselle sobre todo a construción da Fonte de Trévi e a ampliación dos museos capitolinos en Roma e dos museos de Vaticano.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.