Dinastía Borbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Borbón, en francés Bourbon, vén dunha familia francesa, cuxos membros reinaron en Francia, España, Nápoles e no ducado de Parma. Este nome provén do señorío de Bourbon-Archambault (departamento do Allier), e do Borbonesado que constitúe o seu primeiro dominio.

O primeiro membro da familia coñecido na historia é Aymar, señor de Souvigny e Borbón, vasalo do conde de Auvernia, que fundou en 915 a Abadía de Souvigny.

En 1272, a herdeira de Borbón, Beatrix, casou cun príncipe capetano, Roberto de Clermont, sexto fillo de San Luís. Deste matrimonio naceu Luís I, primeiro duque de Borbón, (1327), que morreu en 1341 deixando dous fillos: Pedro, sire de Borbón, e a Xaime, conde da Marcha, que foron o tronco de dúas ramas:

A rama maior[editar | editar a fonte]

  • Pedro I, (1311-1356). Fillo primoxénito de Luís I, que morreu na batalla de Poitiers; a súa filla, Xoana, casou con Carlos V de Francia.
  • Luís II, chamado o Bo (1337-1410), era amigo de Du Guesclin, combateu durante a Guerra dos cen anos contra os ingleses; foi un dos rexentes de Francia á morte de Carlos V de Francia.
  • Xoán I (1381-1434), foi feito prisioneiro na Batalla de Azincourt, morreu en Londres logo de dezanove anos de cativerio.
  • Xoán II (1426-1488) animou a liga do Ben Público baixo o reinado de Luís XI e pretendeu á rexencia logo da morte do rei; morreu sen posteridade.
  • Pedro II (1439-1503), irmán do precedente, coñecido baixo o nome de sire de Beaujeu, casou con Ana, filla de Luís XI, e encargouse da rexencia compartida coa súa muller logo da morte do rei. A súa única filla Susana de Borbón, casou en 1505 co seu primo Carlos, conde de Montpensier, quen se faría famoso baixo o nome do Condestable de Borbón; morreu en 1527, sen deixar descendencia e con el extinguiuse a rama maior.

A rama menor[editar | editar a fonte]

  • Xaime, conde de Marcha (1314-1362), terceiro dos fillos de Luís I, condestable, morreu combatendo nas Grandes Compañias.
  • Xoán I (1337-1393) converteuse en conde de Vendôme por matrimonio.
  • Luís II ( 1376-1446).
  • Xoán II (1429-1478) pasou a ser por matrimonio, señor da La Roche-sur-Yon (chamada baixo a Restauración francesa, Borbón-Vendée).
  • Francisco (1470-1495).
  • Carlos (1489-1537) foi nomeado duque de Vendôme por Francisco I, que logo converteriaseίase en xefe da Casa de Borbón á morte do Condestable de Borbón (1527) sen deixar herdeiro.

Esta rama de Marcha-Vendôme accedeu ao trono de Navarra en 1555 con Antonio de Borbón, esposo da raíña Xoana de Albret e pai de Henrique III de Navarra, que converteuse en rei de Francia, baixo o nome de Henrique IV en 1589 , logo da extinción da rama dos Valois.

Esta rama deu sete reis a Francia:

Despois deste rei a rama se extinguiu á morte do conde de Chambord, en 1883 pero xa había dado nacemento a outras numerosas ramas dentro das cales están as de España.

Ramas bastardas de Francia[editar | editar a fonte]

Á casa francesa de Borbón están vinculadas tres ramas bastardas: a rama de Vendôme, vén de César de Borbón, maior dos fillos naturais de Enrique IV e de Gabrielle de Estrées; a rama de Maine, vén de Luís Augusto de Borbón, maior dos fillos naturais de Luís XIV e de Mme de Montespan; a rama de Penthièvre, vén de Luís Alexandro, conde de Tolosa e duque de Penthièvre, irmán menor do precedente.

Rama de Borbón-España[editar | editar a fonte]

Nacida de Philippe, duque de Anjou (Filipe de Anxou, en galego), primeiro Borbón de España baixo o titulo de Filipe V, neto de Luís XIV e de María Tareixa. Herdou do seu tio-avó Carlos II en 1700, o trono español, dando lugar á Casa de Borbón española que segue reinando despois de mais de tres séculos dende o ano 1700, onde foron sucedéndose, aínda que de forma interrompida, 10 monarcas:

Outras ramas Borbón-España[editar | editar a fonte]

  • Borbón-Parma; fundada polo infante Filipe, o cuarto fillo de Filipe V de España, reinaron en Parma de 1748 a 1802 e de 1847 a 1859, en Étrurie de 1801 a 1807, en Lucques de 1815 a 1847.
  • Borbón-Sicilia ou Borbón-Nápoles; vén de Fernando, terceiro dos fillos de Carlos III, reinaron sobre os reinos de Nápoles e nas Dúas-Sicilias de 1759 a 1860.
  • Borbón-Bragança; vén de Gabriel o cuarto dos fillos de Carlos III.
  • Borbón-Cadix-Sevilla; vén de Francisco de Paula, o último fillo de Carlos IV.