Castelo de Castroverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre medieval

O Castelo de Castroverde é un castelo situado no concello de Castroverde. A antiga fortaleza do século XIV, pertenceu a D. Alvaro Pérez Osorio duque de Aguiar e conde de Villalobos por doazón de Henrique II de Castela. Un século máis tarde Sancho Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, apoderouse do castelo que a súa morte herda Isabel de Castro, prima de Sancho. Xa no século XVI, Lope Osorio de Moscoso da casa de Altamira comprou o castelo, a vila e mailas terras. Actualmente é propiedade privada.

Deste antigo castelo, só quedan en pé as ruínas da antiga muralla, e a torre da homenaxe con planta rectangular de 12 por 10 metros, con 20 metros de altura en cinco andares con muros graníticos de 2 metros de espesor.

Situada no cumio dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Destacan no lado norte, a porta de entrada con dintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro (gaiteiro?). Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre aspilleira, en arco.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Bibliografia

  • Boga Moscoso, Ramón (2003), Guía dos castelos medievais de Galicia, Vigo: Xerais. ISBN 84-9782-035-5.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas