Masoucos, Castroverde

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Masoucos
Concello: Castroverde
Área: - km²
Poboación: (Ano 2004) 47 hab.
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 2

Santiago de Masoucos é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación (en realidade 3, pois tamen está o Barreal onde hai unhas 5 casas e unha aceña,separadas claramente do núcleo de Masoucos onde está a igrexa.), Masoucos e Trascastro (tras do castro), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 54 habitantes.

Índice

[editar] Situación

Está situada nunha costa, na aba da serra de Mordei. Limita coas parroquias da Frairía ó norte, Barreiros e Riomol ó sur, A Esperela e Pousada (as dúas do concello de Baleira) ó leste e A Frairía e Barreiros ó oeste.

O templo parroquial, rodeado do adro e do camposanto, están levantados sobre un antigo castro, no cumio dun outeiro.Existe unha cova cerca da igrexa onde se chama "A Cueva", din que son dos mouros e que poderían ter conexión co castro.

[editar] Clima e augas

O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de máis de 20°C entre temperaturas invernais baixas (- 5,6°C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7°C). A pluviosidade é duns 1.000 mm anuais.

Está regado polo rego de Masoucos, tamén chamado Cubeiro. Ten moitas fontes: Abelleira, Alargo, Barral, Caspalledo, Cubeiro, Grobiña, Lamas, Masoucos de Arriba, dos Pollos, Reboira, Senela, Travesela e Trascastro.

Entre os seus montes destacan A Devesa (798 metros) e O Puñago (820 metros).

[editar] Monumentos

A igrexa parroquial presenta unha nave rectangular, co teito de madeira a dúas augas sobre tres vigas tirantes. Ten unha porta na fachada sur. Frontispicio con sillería de bos bloques de pedra granítica. A porta é adintelada. Espadana dun corpo con dúas troneiras, e unha campá, cimacio, cunha troneira e tres pináculos. Protexe o acceso un amplo e forte cabido, cerrado por unha repisa con só acceso frontal; sobre da repisa, como basamento corrido, elévanse seis piares que soportan o teito, a tres augas. Pola parte interior unha repisa corrida ou podio que serve para asento.

O presbiterioé algo máis amplo e elevado cá nave, e cóbrese ás catro augas; con muros caleados, igual que a nave. Arco triunfal de medio punto, rebaixado, de impostas saíntes e pilastras.

A sancristía está na parte posterior, na mesma liña, pero máis baixa, a tres augas, con dúas portas de acceso desde o presbiterio.

O retábulo maior é sinxelo e neoclásico, sen tallas. O retábulo sur, de 2 metros, é barroco, con dúas columnas salomónicas con motivos da vide. Santiago peregrino, de 0,70, titular; santa María Madanela, de 0,80 m., de sabor romántico; O Salvador, de 0,80 m, bendice coa dereita e sostén a bola do mundo na esquerda. Tallas populares do século XV. Cáliz sinxelo, de prata, de 0,21 m.

O castro, que serviu como emprazamento para esta igrexa, xa case é perceptible (vese ben desde a foto aérea). Dos sartegos (sarcófagos) descubertos neste castro, algún deles aproveitouse nas reformas da tapia do adro da igrexa.

[editar] Historia

No espazo que abarca agora o concello de Baralla, cando se constituíron ás primeiras segregacións constitucionais (en base á constitución de 1812 de Cádiz), existían os concellos de Neira de Xusá e Neira de Rei[1].

A primeira division municipal feita de forma rigurosa, a instancia do Real Decreto do 23 de xullo de 1835, e publicada na correspondente á provincia de Lugo no B.O.P.L.U. (Boletín Oficial da Provincia de Lugo) do 22 de novembro de 1835, polo Marqués de Astariz, seguen figurando os mesmos dous concellos do período liberal coas seguintes parroquias:

Neira de Xusá: Aranza, Arroxo, Baralla, Berselos, Constantín, Covas, Ferreiros, Francos, Guimarei, Laxes, Lebruxo, Neira, Pacios, Piñeira, Picato, Riba de Neira, Sixirei, Vale, Vilachambre, Vilarpunteiro e Vilartelín (no actual concello de Baralla), Pousada (concello de Baleira), Recesende (concello de Castroverde), Traspena, Teixeira e Vilar.

Neira de Rei: A Frairia, Furís e Masoucos (actual concello de Castroverde), San Martiño de Neira de Rei, San Miguel de Neira de Rei, Penarrubia e Pedrafita (concello de Baralla) e Martín (concello de Baleira).

Estes concellos seguiron en funcionamento ata que a circular da Xunta de Goberno provisorio da provincia de Lugo, do 9 de outubro de 1840, publicada no BOPLU número 84, do 18 de novembro do mesmo ano, a redución de 87 a 62 concellos, e elimina o concello de Neira de Rei, aparecendo como novo concello o de Neira de Xusá, que tiña as parroquias coas que xa contaba, máis as dúas de Neira de Rei (San Martiño e San Miguel), Penarrubia e Pedrafita. Das demais parroquias restantes que pertencian ao desaparecido concello de Neira de Rei, Frairia, Furís e Masoucos pasarían a Castroverde e a parroquia de Martín a Baleira.

[editar] Lugares e Parroquias

[editar] Lugares de Masoucos

Lugares da parroquia de Masoucos no concello de Castroverde (Lugo)

Masoucos | Trascastro

[editar] Parroquias de Castroverde

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Castroverde

Agustín (Santa María) | Arcos (San Paio) | Barredo (San Xoán) | Barredo (Santo André) | Barreiros (San Cosme) | Bolaño (Santa Baia) | Cellán de Calvos (San Salvador) | Cellán de Mosteiro (San Pedro) | Covelas (San Miguel) | Espasande (Santiago) | A Frairía (Santa María) | Furís (Santo Estevo) | Goi (Santa María Madanela) | Masoucos (Santiago) | A Meda (Santiago) | Miranda (Santiago) | Mirandela (Santo André) | Monte (Santa María) | Montecubeiro (San Cibrao) | Moreira (Santa María) | Paderne (Santo Estevo) | Páramo (San Miguel) | Pena (Santa María Madanela) | Pereiramá (San Xulián) | A Pumarega (Santa Mariña) | Rebordaos (San Xurxo) | Recesende (San Cibrao) | Riomol (San Pedro) | San Miguel do Camiño (San Miguel) | Serés (San Pedro) | Souto de Torres (San Tomé) | Soutomerille (San Salvador) | Tórdea (San Tomé) | Uriz (Santa María) | Vilabade (Santa María) | Vilalle (San Pedro) | Vilariño (Santiago)

[editar] Referencias

  1. Neira de Rei e Neira de Xusá. Concello de Baralla. Páxina visitada: 29 de maio de 2007.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais