Souto de Torres, Castroverde
| Souto de Torres | |
|---|---|
| Igrexa de San Tomé de Souto de Torres. | |
| Concello | Castroverde |
| Área | - km² |
| Poboación | 29 hab. (2008) |
| Entidades de poboación | 1 |
San Tomé de Souto de Torres é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 30 habitantes (17 homes e 13 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 35 habitantes. En 2008, a data de 22 de xaneiro, conta cunha poboación de 16 homes e 13 mulleres.
Índice |
Patrimonio [editar]
Situada no camiño Primitivo, é unha ruta para os camiñantes de gran beleza polas súas carballeiras e castiñeiros. Conta cunha igrexa preto do camiño e un cruceiro de recente construción.
Festas [editar]
Celebra unha festa na honra de Nosa Señora dos Milagres, o 24 de maio. Festa de gran tradición, onde gran número de persoas acoden en peregrinación; tanto o día da festa como os nove días anteriores en que se celebra unha novena na honra da Virxe.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Souto de Torres [editar]
| Lugares da parroquia de Souto de Torres no concello de Castroverde (Lugo) | |
|---|---|