Metonimia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A metonimía é un tropo que consiste en nomear o todo por unha parte, unha parte por outra ou unha parte polo todo. Desde unha perspectiva diacrónica, a metonimia tivo importancia á hora de provocar cambios semánticos, de significado, nas palabras. O proceso consiste en que o significado dunha palabra pasa a ser substituído por outro contiguo a el:

Exemplos [editar]

  • latín BUCCA 'mandíbula, meixela' → boca.
  • latín MAXILLA 'queixo' → meixela.
  • latín *VERANUS 'tempo primaveral' → med. 'final da primavera' → 'estío'.
  • latín CENA 'comida principal que se tomaba sobre as 15h.' → cea.
  • latín PORTU 'entrada ó porto' → porto.
  • formica é calquera placa de madeira aglomerada forrada con melamina;
  • uralita é calquera cemento asbestado;
  • cola cao é calquera cacao en po;
  • quinqué tamén procede do nome da primeira empresa que o comercializou;
  • en Vigo, utilizábase Vitrasa tanto para os autobuses de Viguesa de Transportes, S.A. coma para os doutras compañías (noutros lados aconteceu con Castromil) e Faro de Vigo para calquera xornal (así dábase o caso de quen avisaba ó saír de casa "vou mercar o Faro!" e volvía co ABC). Este uso aínda subsiste na xente maior.
Todas, todas, namoradas
déranlle o seu pensamento

Déranlle o seu pensamento en realidade é unha metonimia (tómase unha parte das mulleres, un anaco imposible de dar, o pensamento, para indicar que se entregaron ó gaiteiro por enteiro a causa do amor que lle profesaban. Agora ben, o resultado final da metonimia aseméllase a un oxímoro (unión de conceptos incompatibles) e tamén pode ser un caso de ambigüidade (se se interpreta o pensamento como a flor do mesmo nome).

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Semántica
Subdisciplinas: semántica léxica | semántica gramatical | onomasioloxía | semasioloxía
Métodos: análise sémica
Unidades: significado | acepción | sema | semema | arquisemema | clasema | campo semántico
Relacións: monosemia | polisemia | homonimia | sinonimia | relacións de inclusión | antonimia | meronimia | holonimia
Perspectiva cognitiva: categorización | metáfora | metonimia
Temas relacionados: denotación | connotación | virtuema | lexema | lexicoloxía | lexicografía | dicionario