Martí de Riquer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Martín de Riquer")

Martí de Riquer i Morera, que tamén asinou en castelán como Martín de Riquer Morera, conde de Casa Dávalos, nado en Barcelona en 1914 e falecido na mesma cidade o 16 de setembro de 2013, foi un investigador catalán, especialista en Miguel de Cervantes e literatura medieval catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na Guerra civil española no terzo de Monserrat e no Servizo de Propaganda que dirixía Dionisio Ridruejo. Pertenceu á Real Academia Española dende 1965 e presidiu dende 1963 a Real Academia de Boas Letras de Barcelona. Foi catedrático de Literaturas Románicas da Universidade de Barcelona (1950-1984).

En 1997 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais e o Premio Nacional das Letras Españolas no 2000.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La lírica de los trovadores, 1948
  • Los cantares de gesta franceses, 1952
  • Història de la Literatura Catalana, 1964-1966
  • Caballeros andantes españoles, 1967
  • Los trovadores, 1975
  • Heràldica catalana des de l'any 1150 al 1550, 1983
  • Vida i aventures de don Pero Maça, Quaderns Crema, 1984
  • Heráldica Castellana en tiempos de los Reyes Católicos, Quaderns Crema, 1986
  • Estudios sobre el Amadís de Gaula, Sirmio, 1987
  • Cervantes, Passamonte y Avellaneda, Sirmio, 1988
  • Cervantes en Barcelona, Sirmio, 1989
  • El combate imaginario: Las cartas de batalla de Joanot Martorell, Sirmio, 1990
  • Aproximació al Tirant lo Blanc, Quaderns Crema, 1990 (Premio Nacional de Ensaio)
  • Tirant lo Blanch, Novela de historia y de ficción, Sirmio, 1992
  • Les poesies del trobador Guillem de Berguedà, Quaderns Crema, 1996
  • Quinze generacions d'una família catalana, Quaderns Crema, 1999
  • Llegendes històriques catalanes, Quaderns Crema, 2000
  • Para leer a Cervantes, Acantilado, 2003