Correo electrónico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O correo electrónico trátase dun medio usado para envío de mensaxes usando fases similares ó correo tradicional, pero por medios totalmente electrónicos. Ás veces chámaselle correo-e ou e-mail. Esta última forma é un anglicismo.
Os enderezos de correo son sempre da seguinte forma:
- nome/nick/texto_que_queiramos@servizo_de_correo_que_usamos.dominio
- Exemplo:
galegonalua@yahoo.com
Os enderezos de correo non poden conter tiles, maiúsculas, asteriscos, determinados signos, nin letras que non existan no idioma ingles coma o eñe (Ñ).
[editar] Orixes do correo electrónico
O correo electrónico antecede á internet e, de feito, os sistemas de correo electrónico constituíron unha ferramenta crucial na creación desta. En 1961 apareceu no MIT o Compatible Time-Sharing System (CTSS), que permitía que varios usuarios entraran nun IBM 7094 desde terminais a través da liña telefónica e almacenasen ficheiros no disco. Esta posibilidade nova animou a que os usuarios compartisen información de xeitos novos. O correo electrónico apareceu en 1965 para permitir que varios usuarios dun computador mainframe de tempo compartido se comunicasen entre si.
O correo electrónico estendeuse rapidamente para tornarse en correo electrónico de rede, o que permitía transmitir mensaxes entre diferentes computadores. As mensaxes podíanse transferir entre si en 1966, aínda que é posíbel que o sistema SAGE dispuxese dun procedemento semellante algo antes.
A rede ARPANET contribuíu enormemente á evolución do correo electrónico, e usouse nela pouco despois da súa creación, en 1969. Ray Tomlinson iniciou o uso do símbolo @ (lido por nós "arroba", pero at en inglés) para separar os nomes do usuario e a súa máquina en 1971.

