Illa de Elba
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Elba | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | PortoFerraio |
| País | Italia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Arquipélago toscano |
| Linguas | Italiano |
| Poboación (2006) | 31.084 hab. |
| Superficie | 225 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 42°45.71′N 10°14.45′E / 42.76183°N 10.24083°E |
| Maior Altura | 1.019 m Monte Capanne |
| Localización | |
Situada ao oeste de Italia, a illa de Elba (antigamente Ilva ou Aethalia) é un paraíso de orixe volcánica duns 225 km², pertencente á provincia de Livorno (Italia).
É a illa máis grande do Arquipélago Toscano e forma na súa totalidade parte do parque nacional Arquipélago Toscano, que se estende polas provincias de Livorno e Grosseto.
A súa costa é cambiante entre arrecifes, moi apreciados polos mergulladores, a pequenas praias que contrastan co interior esgrevio e montañoso. O cume máis alto é o Monte Capanna duns 1000 m de altura.
A illa divídese en oito comunas: Campo nell'Elba, Capoliveri, Marciana, Marciana Marina, Porto Azzurro, Rio Marina, Rio nell'Elba e Portoferraio. Esta última é a súa capital.