Dino Pacio Lindín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDino Pacio Lindín
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1934 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Bretoña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , docente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dino Pacio Lindín, tamén coñecido como Dino de Ximil,[1][2] nado en Xemil, na parroquia de Bretoña[nota 1][nota 2][3][4] (A Pastoriza) o 18 de novembro de 1934,[5] é un sociólogo, escritor e profesor galego, coñecido pola súa actividade na educación bilingue de adultos entre a comunidade hispana dos Estados Unidos e por ser o fundador de Solidaridad Humana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os seus primeiros estudos na Escola de Cadavedo,[6] da mán do mestre republicano Eladio Iglesias.[7][8]

No deserto escolar que describiu Raimon, eu tiven a sorte de facer tres anos da primaria nunha clase que se chamaba "A escola libre de Cadavedo", polos anos corenta: alí,naquela escoliña pequeniña i escondidiña, aprendín eu tanta xeografía facendo mapas mudos, que xamais me perdín polo mundo adiante; tamén era moi importante o estudo das cousas: se non aprendemos as cousas que imos saber, e pra que val o saber?".
Dino Pacio Lindín. Pedagoxía do lugar [9].

Foi alumno do Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo, onde obtivo o primeiro premio en Latín á idade de 17 anos.[4]

Realizou estudos universitarios en Comillas, Roma e Madrid[10]e de linguas modernas na Universidade de Friburgo e de socioloxía en Harvard.[10][11]Doutorouse na Universidade de Madrid coa tese: El nuevo lenguaje de la poesía rock en 1969.[12]

Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1960 na igrexa parroquial de Bretoña e nese ano foi presbítero na parroquia de San Cosme de Galgao.[4] Entre 1960 e 1965 foi profesor de Ética e socioloxía no Seminario Maior de Mondoñedo.[13][4] Impartiu clases de socioloxía en Mondoñedo entre 1961 e 1966 e realizou un labor social de promoción educativa e humana para os nenos máis desfavorecidos nas aldeas da Pastoriza, Abadín e Mondoñedo.

En 1970 emigrou aos Estados Unidos de América onde ensinou socioloxía da xuventude nas universidades de Fisher e Forham.(Nova York)[4]

Da "Escola nos apartamentos" a "Solidaridad Humana"[editar | editar a fonte]

En 1971, cando era profesor na Universidade de Rochester, Nova York, iniciou un proxecto baseado na educación global para atender as necesidades da comunidade emigrante e marxinada. Este proxecto, chamado "Escola nos apartamentos" permitía que estudantes acomodados desa universidade lles aprenderan inglés aos emigrantes hispanos, a maioría dominicanos residentes no Lower East Side de Manhattan, en horario nocturno, a cambio da pernocta nos seus apartamentos.[14]O proxecto desenvolveuse por algo máis dun ano e incluía un programa de alfabetización e educación básica.

"Éramos un grupo de 15 persoas que nos reuníamos polas noites nas casas, para aprender e ensinar."
Jim Metzinguer, alumno participante e cofundador de "Solidaridad Humana"[15][16]

A Universidade da Cidade de Nova York (CUNY) implicouse neste proxecto no verán de 1972, achegando medios e locais para levar a cabo as actividades.[17] O proxecto medrou e transformouse, a finais de 1973, nunha corporación educativa e nun Programa de Grao coñecido como "Universidade do bairro" ou "Universidade sen muros", centrado na alfabetización e inmersión da comunidade inmigrante na lingua inglesa. O convenio coa Universidade da Cidade de Nova York limitaba a dous anos o tempo máximo deste programa, polo que en 1975 presentouse de novo baixo o nome "Solidaridad Humana".[18]Esta denominación era moi usada na época e relacionábase coa reciprocidade responsable.[17]Nesa altura a organización pasou a chamarse Solidaridad Humana. Comprehensive Learning Program e nela participaban voluntarios procedentes dos estudos de Socioloxía da Universidade Estatal de Nova York (SUNY).[17] Finalmente consolidouse como programa de extensión universitaria bilingue da SUNY en 1977, con sede na antiga escola pública 160 no nº 107 de Suffolk Street,[19][20][21]que fora cedida pola cidade de Nova York. En 1983 Pacio Lindín acadou o posto de profesor e director do programa bilingue da SUNY no Baixo Manhatan.[18]

Para reforzar este proxecto educativo Dino Pacio realizaba un programa televisivo na cidade de Nova York titulado tamén Solidaridad Humana, que foi escollido como un dos programas máis destacados dos Estados Unidos entre a comunidade hispana no ano 1978.[17]En 1980 un artigo do New York Times sinalaba o proxecto de Solidaridad Humana como un exemplo de éxito dun programa comunitario.[22]

Dino Pacio tamén foi consultor no programa de formación do Sindicato de Traballadores da Confección e o Textil (Amalgamated Clothing and Textile Workers Union)[23]Ademais traballou como asistente especial do Consortium for Workers Education (CWE) entre 1985 e 1989.

Foi membro da Casa Galicia, na que levou os asuntos culturais entre 1986 e 1990.[24][10]

Impartiu cursos de doutoramento na Universidade de Málaga entre 2001 e 2005[25]

En 2017 seguía a formar parte da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) como Mentor Emérito no SUNY State College [26]


Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Solidaridad Humana recibiu en 1981 o premio "Dissemination", outorgado polo fondo para a Mellora do Ensino superior dos Estados Unidos[27]
  • Premio Nacional de Servizo á Comunidade en 1982, outorgado pola Nacional Association of Community Colleges dos Estados Unidos.[28]
  • Premio Trilingual Authors (1980).[29]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Juventud radical 1956-1968. Madrid: Ediciones Felmar, 1978.[4][nota 3]
  • Terra húmeda. Lugo: Ediciones Celta, 1979.[30]
  • Worker education in search of a theory. Manuscrito sen publicar, Amalgamated Clothing and Textile Workers Union, Nova York.[31]
  • Biliterate Immigrants in a Community Setting. Nova York: Universidade Estatal de Nova York, 1991.[32]
  • Hispanos y españolusa, 1991.[28]
  • "Ximil Comunal". Pena do Encanto. Vilalba, 2003 [33][28]
  • —— (28 de marzo de 2003). "¿En que edad vivimos?". Robador de Europa (Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Málaga). [28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ximil, oficialmente Xemil.
  2. "Dino Pacio Lindín naceu o 18 de novembro de 1934 en Ximil, un lugar montesío duns 10 quilómetros cadrados que está a carón de Úbeda, pero que figura como parte da parroquia de Bretoña (A Pastoriza, Lugo)" En: Reigosa, Carlos G. (2021). "Dino Pacio Lindín, o camiñante-guía". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 209). ISBN 978-84-12418-14-9. 
  3. Tentou a súa publicación no ano 1969, pero a censura non permitiu que vira a luz ata 1978
Referencias
  1. "Noticia de Lugo: Presentación “Dino Pacio Lindín, o guía dunha vangarda cultural”". Canal Youtube do SERVIZO DE AUDIOVISUAIS da Deputación de Lugo. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  2. Radio Municipal de Tui. "Entrevista Dino Pacio Lindín - Profesor univesitario nos Estados Unidos -". iVoox (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022. 
  3. Álvarez-Koki, Francisco (2021). "O pé do meu camiño (notas para un bo amigo)". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 19. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Cora, José de (13 de xaneiro de 2022). "Dino Pacio Lindín". El Progreso (xornal) (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022. 
  5. Reigosa, Carlos G. (2021). "Dino Pacio Lindín, o camiñante-guía". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 209). ISBN 978-84-12418-14-9. 
  6. "Dino Pacio Lindín". Homenaje al Seminario de Mondoñedo (1572-2013) (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2005. 
  7. "Un profesor de ideas republicanas que ten 88 anos e que vive en Bos Aires". La Voz de Galicia. 7 de xullo de 2011. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  8. R. Díaz, Ignacio (8 de xuño de 2011). "A escola do ferrado supuxo abrir unha fiestra ao mundo a través da néboa que cubría Cadavedo". El Progreso (xornal). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  9. Rivas García, Manuel, ed. (2021). Dino Pacio Lindín: o guía dunha vangarda cultural. Lugo: Lar Libros. p. 267. ISBN 978-84-124181-4-9. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Dino Pacio Lindin". prabook.com (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  11. Pérez Prieto, Victorino (10 de novembro de 2021). "Dino". Nós Diario. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  12. "(Recensión)RIVAS GARCÍA, Manuel (coord.), Dino Pacio Lindín. O guía dunha vangarda cultural.". Boletín de Historia de la Educación (Sociedad Española de Historia de la Educación SEDHE) (61): 52. decembro de 2021. Arquivado dende o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 25 de xullo de 2013. Consultado o 07 de xuño de 2022. 
  13. Iglesias Sierra, Primitivo (2021). "Dino Pacio Lindin, unha raiola de esperanza nas parroquias de tras a corda". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 119. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  14. Estévez Álvarez, María Dolores (2021). "Homenaxe, ó amigo e profesor Dino Pacio Lindín, que marcou a difrenza en moitas vidas". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 110. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  15. Malheiro Gutiérrez, Xosé M. (2021). "Dino Pacio "Solidaridad Humana" e a cerna comunal de Ximil". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 178. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  16. Pérez Prieto, Victorino (4 de decembro de 1983). "Solidaridad Humana:Todos aprenden e todos ensinan". Irimia (105). 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Malheiro Gutiérrez, Xosé M. (2021). "Dino Pacio "Solidaridad Humana" e a cerna comunal de Ximil". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 186. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  18. 18,0 18,1 Estévez Álvarez, María Dolores (2021). "Homenaxe , ó amigo e profesor Dino PAcio Lindín, que marcou a diferenza en moitas vidas". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 111. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  19. "Solidaridad Humana Inc - New York , NY - Company Information". www.dandb.com. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  20. "SOLIDARIDAD HUMANA INC · 107 Suffolk St, New York, NY 10002". opengovny.com. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  21. Pacio Lindín, Dino (1978). Fund for the Improvement of Postsecondary Education, ed. "Solidaridad Humana. New York, New York". Resources for change (en English). 1978-1979: 137. ISSN 0147-7501. 
  22. Standaert Bowden, Ann (7 de setembro de 1980). "A Hispanic Solidarity Against Illiteracy". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 7 de xuño de 2022. (require subscrición (?)). 
  23. Malheiro Gutiérrez, Xosé M. (2021). "Dino Pacio "Solidaridad Humana" e a cerna comunal de Ximil". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 197. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  24. Malheiro Gutiérrez, Xosé M. (2021). "Dino Pacio "Solidaridad Humana" e a cerna comunal de Ximil". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 201. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  25. Malheiro Gutiérrez, Xosé M. (2021). "Dino Pacio "Solidaridad Humana" e a cerna comunal de Ximil". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. p. 200. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  26. (2007) Undergraduate Catalog. NY, SUNY,p. 153
  27. Malheiro Gutiérrez, Xosé M. (2021). "Dino Pacio "Solidaridad Humana" e a cerna comunal de Ximil". Dino Pacio Lindín: O guía dunha vangarda cultural. Lar Libros. pp. 199–200. ISBN 978-84-12418-14-9. 
  28. 28,0 28,1 28,2 28,3 Rivas García, Manuel, ed. (2021). Dino Pacio Lindín: o guía dunha vangarda cultural. Lugo: Lar Libros. ISBN 978-84-124181-4-9. 
  29. "Dino Pacio Lindín". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  30. "Terra humeda". Datos BNE es (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  31. Collins, Sheila; Balmuth, Miriam; Jean, Priscilla (29 de novembro de 2011). "So We Can Use Our Own Names, and Write the Laws by Which We Live: Educating the New U.S. Labor Force". Harvard Educational Review 59 (4): 462-463. ISSN 0017-8055. doi:10.17763/haer.59.4.f12r030j7166737g. 
  32. Pacio-Lindin, Dino (1991). Biliterate Immigrants in a Community Setting (en inglés). 
  33. Pacio Lindín, Dino (2003). "Ximil Comunal". Pena do encanto: boletín informativo do Instituto de Estudios Chairegos. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]