Louis Daguerre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louis-Jacques-Mandé Daguerre.
Estudio de Daguerre. Daguerrotipo 1837
Boulevard du Temple. Daguerrotipo. Nótese que non aparecen persoas nesta fotografía, iso é debido ao alto tempo de exposición da imaxe á luz. A única persoa que aparece tivo que estar quieto durante a toma
Primeira fotografía conservada tomada por Niepce no 1826

Louis-Jacques-Mandé Daguerre (Cormeilles-en-Parisi, 18 de novembro de 1787Bry sur Marne, 10 de xullo de 1851) artista francés reconoñecido como o inventor do Daguerrotipo e pioneiro da fotografía. Comezou de axudante de arquitecto aos 17 anos. Mais tarde pintaría decorados para os Dioramas, ata a súa afortunada asociación con Niepce.

Biografía[editar | editar a fonte]

Ó contrario do que erroneamente se cre, Louis Daguerre non foi o inventor da fotografía. Convén esclarecer este dato: o inventor da fotografía foi Joseph-Nicéphore Niépce que conseguiu fixar unha imaxe das vistas do seu estudio no 1826-27.

Daguerre era un pintor de segunda en París, pero gañou certa fama ao inventar o Diorama. O Diorama era un espectáculo de ilusión no que se mergullaba ao espectador noutros paisaxes ou lugares e acontecementos da historia a través duns trucos visuais. Para crear eses escenarios era preciso unha pintura moi realista. Nada mais realista que unha imaxe fotográfica. Daguerre acode aos irmáns Chevalier para obter certo tipo de lentes e comezar a traballar nunha mellora da cámara escura. Aplicar o invento da cámara escura podía ser moi proveitoso para os Dioramas, dotándoos de maior realismo. A través dos Chevalier, Daguerre entra en contacto con Niepce no 1826. Daguerre buscaba a asociación con Niepce para progresar no invento, cousa que Niepce rexeitou ao principio. Sen embargo, diversos problemas financeiros, unidos á morte do seu irmán, fan que Niepce aceite firmar un contrato con Daguerre, no que se especifica ben claro que Niepce era o inventor da fotografía e Daguerre aportaría certas melloras á cámara escura. Así que dous anos despois do descubrimento Niepce e Daguerre asócianse (1829), pero a súbita morte de Niepce deixa a Daguerre o campo libre.

Daguerre aproveitou entón problemas económicos do fillo de Niepce para obter unha modificación do contrato ao seu favor. Despois de varios anos de perfeccionamento do daguerrotipo, no 1839 anuncia que xa esta terminado. O invento é presentado á Academia de Ciencias francesa. A patente é adquirida polo goberno do país ese mesmo ano. Daguerre obtén unha pensión de 6000 francos e o fillo de Niepce de 4000. Grazas a esta adquisición o invento internacionalizouse e foi extendido a Europa e Estados Unidos.

Daguerre obtivo unha grande fama e importante recoñecemento mundial, e recibía condecoracións de parte de diversas entidades. pero pouco a pouco a verdade foi saíndo á luz e Daguerre recoñecería a parte correspondente a Niepce. Se ben temos de dicir que perfeccionamento do daguerrotipo foi un grande logro, fronte as dúas horas do proceso de Niepce, Daguerre conseguiu acurtalo a un período entre 5 e 40 minutos. Daguerre morreu no 1851, dedicado a fabricar material fotográfico en serie.

Daguerre e Talbot[editar | editar a fonte]

Ao mesmo tempo que Daguerre, en Inglaterra Fox Talbot traballaba no desenvolvemento do calotipo. Os dous sabían que os seus inventos eran moi importantes e poderían revolucionar o mundo. Daguerre patentou o seu invento en Inglaterra unha semana antes de que o goberno francés obtivera a patente. Por esta razón invento quedou libre no mundo enteiro excepto en Inglaterra. O propósito de esta acción non esta moi clara, pero puido ser para frear unha posible prioridade do calotipo de Talbot fronte ó Daguerrotipo. En Inglaterra a situación quedou así sendo o fotógrafo francés Antoine Claudet un dos poucos legalmente permitidos a tomar daguerrotipos.

O Daguerrotipo[editar | editar a fonte]

Cámara escura

Para obter unha imaxe pártese dunha capa sensible de nitrato de prata estendida sobre unha base de cobre. Este preparado é exposto á luz nunha cámara escura. O positivo queda plasmado no cobre preparado obténdose unha imaxe latente. Para poder ver esa imaxe tiña que ser revelada con vapor de mercurio, o mercurio queda plasmado no positivo. Finalmente, a imaxe fíxase ao ser somerxida a placa nunha solución de cloruro sódico ou tiosulfato sódico diluído.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]